TRW - Tecnópole Robotics Workshops 2015

TRW

 
Dado o interese suscitado pola III edición de T2W, puxéronse en marcha talleres de Robótica para nenos/as de 9 a 13 anos de idade en horario de 10:00 a 14:00 horas. Co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis cativos mediante a construción e a programación de robots.
 
Durante o verán e o Nadal do 2015, houbo catro talleres dunha semana de duración cada un e cun máximo de 20 participantes por taller. Houbo un total de 57 participantes nos catro talleres e a valoración foi moi positiva tanto por parte dos pais/nais como dos nenos/as asistentes.