Tecnópole traballa na posta en marcha do Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas, punteiro na súa especialidade en Galicia. O denominado
TECMEVA (Tecnoloxías Médicas de Vangarda) situarase no
Edificio Tecnópole I, o inmoble máis recente e moderno do Parque Tecnolóxico.
En Tecmeva realízanse na actualidade cursos de simulación laparoscópica e en breve espera iniciar proxectos de investigación aplicada e dedicarse á transferencia de coñecemento, á formación en técnicas de Fetoscopia e Laparoscopia convencional e á introdución na visualización laparoscópica en 3D. O labor que se levará a cabo centrarase na Cirurxía pediátrica, aínda que tamén se abordarán outras especialidades cirúrxicas.
TECMEVA é actualmente o escenario de validación das actividades desenvolvidas no marco do
proxecto QUIRAV
Actuación PEP-300000-2009-008 cofinanciada por: