Os superheroes: Ciencia ou ficción?

O mundo do cómic está cheo de personaxes con poderes extraordinarios. Onde acaba a ciencia e empeza a ficción? Pode Supermán ter visión de raios X ou Tor provocar un terremoto cunha martelada? Despois de ver fragmentos de películas afrontaremos unha análise crítica dos seus contidos.
 
De forma complementaria ás explicacións levaremos a cabo diversas experiencias que nos permitan coñecer aspectos sorprendentes. Veremos vaixelas elaboradas con uranio nos anos 30 brillar baixo luz UV ou detectaremos mediante un sinxelo test químico a presenza de mutantes entre o público.