Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2016

Buscar

Vindeiros eventos

Axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas.

 

Tipo de axuda: A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.Subvencións directas de capital. Procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será o 15 de outubro de 2016.

 

Beneficiarios:

 

1. Pequenas empresas en Galicia: menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Teranse en conta vinculacións.

 

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural. Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) das bases reguladoras. 

 

3. Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

 

Conceptos subvencionables:

 

Presuposto elixible debe estar comprendido entre 10.000 € e 300.000 €.

 

 

a) A construción, adquisición e mellora de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto (non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables)

b) A adquisición de terreos ata un límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. 
c) Os custos xerais vinculados aos gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata un límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. 
d) Compra de maquinaria e equipos novos.
e) Adquisición e desenvolvemento dos programas informáticos precisos para a execución e bo fin da operación.
f) Adquisición de patentes e licenzas relacionadas co proceso produtivo (con exclusión das licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática), límite do 10 % dos gastos subvencionables. 

g) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

 

Prazo de Solicitude

 

Solicitudes ata o 7 de maio.

 

Máis información no DOG da publicación da axuda e en http://agader.xunta.es