Subvencións para o fomento dap ropiedade industrial (Programa i2C PI) Procedemento IN525A

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O 16 de outubro publicouse a convocatoria 2013 das subvencións para o fomento das innovacións técnicas (invencións) (código de procedemento IN525A) coas seguintes características:
 
Beneficiarios: empresas privadas galegas constituidas sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nos seus centros produtivos en Galicia.
 
Actuacións financiables: Actuacións entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data de presentación da solicitude da subvención. 
  • Solicitude de títulos de propiedade industrial correspondente a invencións. Inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude correspondente e que supoñan o pago dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes.
  • Mantemento dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Inclúense todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente.
  • Análise de rexistrabilidade dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións.
Contías das axudas: 70% do gasto subvencionable. Máx. 30.000 por beneficiario. 
 
Solicitudes: ata o 15 de novembro de 2013 a través de https://sede.xunta.es ou http://gain.xunta.es/ facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN525A.
 
Máis información:  DOGA, teléfonos 981 95 73 90 e 981 95 73 91 da Axencia galega de Innovación, no enderezo electrónico infosegapi.gain@xunta.es e no Departamento de Proxectos da Tecnópole.