SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2013 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Buscar

Vindeiros eventos

INEGA publica a convocatoria 2013 de axudas para os proxectos de enerxías renovables executados en Galicia que empreguen as seguintes tecnoloxías incluídas no Anexo I das Bases reguladoras:
 
- Enerxía solar térmica.
- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas.
- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalcións mixtas non illadas.
- Caldeiras de biomasa.
 
Inscrición de solicitudes
 Do 22 de abril ata o día 7 de outubro de 2013 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 22 de abril ata as 14:00 h do 1 de outubro).
Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace.
 
Beneficiarios
- Persoas físicas maiores de idade.
- Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos.
- Empresas de servizos enerxéticos (ESE).
- Entidades sen ánimo de lucro.
- Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica.
 
Contía máxima da axuda
A contía máxima de axuda en cada liña de actuación será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:
- Enerxía solar térmica: máximo de 60.000€
- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas: máximo 20.000€
- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: máximo 20.000€
- Caldeiras de biomasa: máximo 30.000€.
 
A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común (grandes empresas 45%, medianas 55% e pequenas empresas 65%). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa.