Subvencións para adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas 2017

Buscar

Encóntrase aberto o prazo para a solicitude das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 para  proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas.

 

Tipo de axuda: A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables. Procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva.

 

O prazo límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será o 15 de setembro de 2017.

 

Beneficiarios:

 

1. As pequenas empresas situadas en zonas rurais (zonas non densamente poboadas según grao de urbanización). O concello de San Cibrao das Viñas se considérase zona non densamente poboada.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible, nos termos establecidos no artigo 3.2.b) das bases reguladoras.

 

 

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural. Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) das bases reguladoras. 

 

3. Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

 

Conceptos subvencionables:

 

Presuposto elixible debe estar comprendido entre 10.000 € e 300.000 €.

 

a) Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.

 

b) Adquisición de patentes e licenzas relacionadas coa maquinaria e equipamento subvencionado, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.

 

Prazo de Solicitude

 

Solicitudes ata o 21 de maio en https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Agader http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.

 

Máis información no DOG da publicación da axuda e en http://agader.xunta.es