Publicación convocatoria FEDER-INNTERCONECTA

Buscar

O venres 22 de febreiro publicouse no BOE a convocatoria de 2013 de Feder Innterconecta de Galicia, con data peche o 4 de abril e 75 millóns de euros de subvencións a repartir.
 
Cubrir e presentar as solicitudes realizarase na sede electrónica do Centro para o DesenvolvementoTecnolóxico Industrial (https://sede.cdti.gob.es/)
 
  • Actuación financiables: Grandes proxectos integrados de desenvolvemento experimental maioritariamente, aínda que tamén se subvencionarán proxectos de investigación industrial, que supoñan un avance tecnolóxico industrial relevante.
  •  Áreas relevantes:
 
•          Agroalimentación e recursos mariños
•          Tecnoloxías biosanitarias
•          Tecnoloxías da información e comunicacións
•          Tecnoloxías da produción
•          Materiais e nanotecnoloxías
•          Enerxía
•          Construción
•          Medio ambiente e transporte sustentable
 
  • Conceptos financiables:
1.       Custos de equipamento e instrumental (amortización)
2.       Gastos de persoal exclusivamente dedicado ao proxecto
3.       Gastos de investigación contractual
4.       Outros custos de funcionamento: materiais, subministracións, custos de xestión do líder e gastos de informes de auditoría de todos os socios
 
 
  • Duración: Os proxectos que se presenten non poden estar iniciados e poderán chegar ata 31 de decembro de 2014.
 
  •  Beneficiarios: Consorcios coas seguintes características:
1.    Mínimo 3 empresas, máximo 10.
2.    Polo menos 1 grande ou mediana (que deberá actuar como líder do consorcio).
3.    Polo menos 1 pequena (pode ir como subcontratada).
 
  • Presuposto mínimo: 1,5 millóns de euros en Galicia
Debe existir un equilibrio entre anualidades e socios. Ningún socio pode ter máis do 70% do presuposto total. As subcontratacións a Organismos de Investigación deben representar un mínimo do 15% do presuposto global do proxecto.
 
  • Tipo e intensidade de axuda:
- Subvención a fondo perdido.
- Limites de axuda:
 
 
PEQUENA EMPRESA
MEDIANA EMPRESA
GRANDE EMPRESA
DESENVOLVEMENTO EXPERIMENTAL
60%
50%
40%
INVESTIGACIÓN INDUSTRIAL
80%
75%
65%