Programa Re-Acciona- Bolsas de formación a titulados e mellora da competitividade das pemes

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O IGAPE ven de por en marcha, con financiación FEDER o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade.
 
O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
 
Para comezar esta labor, o IGAPE estivo realizando visitas de "pre-diagnóstico" , co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.
 
Deste xeito, co apoio dos mellores especialistas, ofrécense diferentes servizos para a realización de:

a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade (máis información).
 
b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados (máis información).
 
c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:

- Servizos avanzados de profesionalización (pulse en cada un deles para ver unha descrición estendida):
 
- Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico (pulse en cada un deles para ver unha descrición estendida):
 
d) Un programa de bolseiros (xa convocado) que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras  mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.
 
Desde o 30/3/2012 xa pode pedir a súa visita de pre-diagnóstico solicitándoo no enderezo informa@igape.es