Programa de fomento e consolidación do emprego nas PEMEs de nova creación

Buscar

Vindeiros eventos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a convocatoria para o ano 2016 do programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, con cantías máximas das axudas incrementadas nun 15 % por emprego subvencionable, nos casos en que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural (menos de 20.000 habitantes) como é o Concello de San Cibrao das Viñas.
 
  • Entidades beneficiarias
 
a) Empresas de nova creación (aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 1 de xaneiro de 2016)
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente. 
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. 
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros. 
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa. 
 
Tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
 
  • Tipos de axuda
 
1) Subvención á xeración de emprego estable: creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, creados desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata o 30 de setembro de 2016, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes contías: 
 
a) 4.500 euros, desempregado en xeral.
b) 5.100 euros para muller desempregada, mozo desempregado menor de 30 anos e home desempregado maior de 45 anos. 
c) 6.000 euros persoa desempregada pertencente a colectivos en risco ou en situación de exclusión social e persoa desempregada con discapacidade.
 
 2) Subvención para a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa. Ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 3.000 euros.
 
3) Subvención para o inicio da actividade. Ata 3.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral. Para mulleres, mozos menores de 30 anos ou homes maiores de 45 anos a contía desta subvención será de ata 3.600 euros, e para a persoa desempregada con discapacidade e persoa pertencente a colectivos en risco ou en situación de exclusión social a contía será de ata 4.800 euros
 
4) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras. O 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos desde os tres meses anteriores ao inicio de actividade ata a fin do período subvencionable, e tendo como data límite máxima o mes de setembro de 2016. 
 
  • Solicitudes 
na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ata o 30 de setembro de 2016.
 
 
Máis información en