PROGRAMA FEDER-INTERCONECTA 2016

Buscar

Vindeiros eventos

O venres 29 de abril publicouse a Convocatoria do ano 2016 de Subvencións destinadas a fomentar a Cooperación Rexional en Investigación e Desenvolvemento: Programa FEDER-INNTERCONECTA.

 

Esta convocatoria ten un presuposto de 50 millóns de euros en concepto de subvencións a fondo perdido.

 

As principais características desta Convocatoria son:

 

1.   Fináncianse proxectos de I+D desenvolvidos por consorcios empresariais de carácter rexional ou inter-rexional, con resultados próximos a mercado.

 

2.    Prioridades temáticas

a) saúde, cambio demográfico e benestar; 

b) seguridade e calidade alimentarias; actividade agraria produtiva e sustentable, recursos naturais, investigación mariña e marítima; 

c) enerxía segura, eficiente e limpa; 

d) transporte intelixente, sustentable e integrado; 

e) acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas; 

f) cambios e innovacións sociais; 

g) economía e sociedade dixital; 

h) seguridade, protección e defensa.

 

3.   Presupostos financiables por proxecto: entre 1M€ e 4M€.

 

4.    Proxectos plurianuais: dous ou tres anos, debendo iniciarse na anualidade 2015, e finalizando ben o 31/12/17, ben o 31/12/2018.

 

5.   Só se financiarán proxectos desenvolvidos en: ANDALUCÍA, CANARIAS, CASTELA A MANCHA, ESTREMADURA, GALICIA, MURCIA, CEUTA e MELILLA.

 

6.   Consorcio: mínimo de 2 empresas autónomas entre si; polo menos unha delas ha de ser grande ou mediana, e outra ha de ser PEME. Máximo: 6 empresas. O representante do consorcio será unha empresa grande ou mediana. Ningunha empresa poderá superar o 70% do presuposto financiable do proxecto.

 

7.   Intensidade da axuda: pequenas empresas 60%, medianas 50% e grandes 40%.

 

8.  Pago anticipado de ata un 75% da subvención concedida por anualidade.

 

9. Non se solicitarán garantías adicionais, e os proxectos no poderán ser iniciados con anterioridade á solicitude da axuda.

 

10. Gasto subvencionable: 1) gastos de persoal –dados de alta en centros das CC.AA. mencionadas-; 2) custos de adquisición de equipamento, instrumental e material –amortización-; 3) material funxible, subministros e produtos similares; 4) custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes; 5) gasto derivado do informe auditor.

 

11. Fin de prazo de solicitudes:  20 xuño 12:00h