Programa do IGAPE de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das PYMES- RE-SOLVE 2013

Buscar

Publicouse no DOGA a habilitación dunha liña de reavais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve  2013).
 
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de outubro de 2013.
 
Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguamento, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, excepto pólizas de  crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2013.
 
Características das operacións de financiamento
 
- Modalidade Préstamo.
- O importe máximo do préstamo subsidiable será de 150.000 €. O importe mínimo atendible será de 3.000 €.
- O prazo de vixencia poderá ser de ata 5 anos, incluída unha carencia dun máximo de 
dous anos. 
- Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.
- Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida 
exceder os 6 puntos porcentuais.