Liña Directa de Innovación de CDTI

Buscar

Vindeiros eventos

Publicación da Liña Directa de Innovación de CDTI.

As súas principais características son:

  • Actuacións financiables: A súa finalidade é o apoio de proxectos empresariais que impliquen a incorporación e adaptación de tecnoloxías novidosas a nivel sectorial, e que supoñan unha vantaxe competitiva para a empresa. Tamén se financiarán actuacións de adaptación tecnolóxica dirixidas á introdución en novos mercados.
  • Tipoloxía: todos os beneficiarios son empresas independentemente do seu tamaño.
  • Conceptos financiables:

·         Adquisición de activos fixos novos.
·         Custos de persoal.
·         Materiais e consumibles.
·         Colaboracións externas.
·         Gastos xerais.
·         Custos de auditoría.

Os investimentos e gastos deberán ser posteriores á data de presentación do proxecto.

  • Duración: Máximo 18 meses.
  • Presuposto mínimo financiable: 175.000€
  • Tipo e intensidade da axuda:
·         Financiamento baixo réxime de minimis.
·         Financiamento ata o 75% do presuposto financiable, podendo alcanzar o 85% en función do impacto do proxecto.
·         Axuda reembolsable a tipo de interese bonificado. O tipo de interese máximo 2%.
·         Devolución do crédito en 5 cotas semestrais, 1 ano de carencia.
·         Desembolso tras certificación do proxecto (fito único)
  • Anticipo: anticipo básico do 25% da axuda concedida (ata 300.000 euros) sen garantías adicionais, ou ata un 75% mediante a presentación de garantías suficientes a xuízo do CDTI polo exceso de anticipo sobre o básico.
 
Pode ampliar información en http://www.cdti.es/index.asp?MP=7&MS=240&MN=3