Convocatoria RETOS MINECO para a Cooperación Público-Privada

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O MINECO publicou a convocatoria para 2014 de Retos – Colaboración do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e innovación orientada aos Retos da Sociedade.
No seguinte enlace pódese descargar a convocatoria: http://boe.es/boe/dias/2013/12/19/pdfs/BOE-A-2013-13333.pdf
 
 
Obxectivo: O obxectivo da convocatoria Retos-Colaboración é o apoio a proxectos en cooperación entre empresas e organismos de investigación, co fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas, e contribuír á creación de novos produtos e servizos.
As temáticas dos proxectos presentados deberán estar aliñadas coas prioridades establecidas nos Retos do Programa Estatal de I+D+i orientada aos Retos da Sociedade, así como con todas aquelas tecnoloxías complementarias de carácter transversal que sirvan para desenvolver e completar o contido dos Retos.

Entidades beneficiarias:
 
a) Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, de 1 de xuño.
b) Universidades públicas.
c) Outros centros públicos de I+D.
d) Centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal validamente inscritos no momento da presentación da solicitude no rexistro de centros regulado polo Real decreto 2093/2008, de 18 de decembro.
e) Universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D.
f) Outros centros privados de I+D. Centros con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
g) Empresas, entendendo como tales a toda sociedade mercantil, independentemente da súa forma xurídica, que de forma habitual exerza unha actividade económica dirixida ao mercado.
h) Asociacións empresariais sectoriais. 

Presuposto mínimo: 300.000€

O financiamento terá forma de subvención no caso das universidades e centros de investigación públicos (asumirá o 100% dos custos marxinais) e dos centros e universidades privadas, aos que se aboará ata o 100% dos custos reais. En cambio, as empresas recibirán préstamos para ata o 95% dos seus custos reais.

Contía máxima da convocatoria: 548.000.000€, sendo 60.400.000 euros en subvención e 487.600.000 euros en préstamo.

Prazo: Do 23 de decembro de 2013 ao 28 de xaneiro de 2014