Convocatoria INNPACTO 2012: axudas ao desenvolvemento de proxectos de I+D

Buscar

Vindeiros eventos

No día de hoxe, saíu publicada no BOE a convocatoria de axudas INNPACTO do Ministerio de Economía e Competitividade, que financia o desenvolvemento de proxectos de I+D con clara orientación a mercado e executados en colaboración entre empresas e organismos de investigación.
 
O prazo límite de presentación de solicitudes é o próximo 17 de xullo ás 15.00 horas.
 
As axudas serán en forma de préstamo ao 1% a 8 anos con 2 de carencia para as empresas e subvencións e anticipos FEDER para os organismos de investigación. O importe máximo do préstamo será do 95% do presuposto financiable.
 
Para o cobro dos préstamos e cando estes superen os 250.000 euros por ano, será necesaria a presentación de garantías en forma de aval, informe de solvencia ou certificado de asunción de débeda, dependendo da empresa.
 
O consorcio que solicite a axuda terá que estar formado, polo menos, por unha empresa e un organismo de investigación, tendo que ser unha empresa a representante do consorcio.
 
Os proxectos que se presenten a esta convocatoria terán que ser de desenvolvemento experimental coas seguintes características:
 
·         Inicio do proxecto posterior á presentación da solicitude de axuda.
·         Presuposto mínimo de 500.000 euros.
·         Duración: inicio do proxecto no ano 2012, cunha duración mínima de 24 meses e máximo ata o 31 de decembro de 2015.
·         A distribución do presuposto debe cumprir os seguintes requirimentos:
o       Participación mínima por entidade do 10%.
o       A participación empresarial debe ser superior ao 60%, non podendo correr unha soa entidade con máis do 70% do presuposto.