Convocatoria INNCORPORA 2012: Axudas á contratación e formación de tecnólogos

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Convocatoria para o ano 2010 do Subprograma INNCORPORA, dentro do Programa Nacional de Contratación e Incorporación de Recursos Humanos da Liña Instrumental de Actuación en Recursos Humanos do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (I+D+i).
 
Mediante o Subprograma INNCORPORA financiarase a nova contratación (de 12 a 36 meses) a xornada completa de tecnólogos titulados universitarios e a súa formación obrigatoria para a súa participación na realización dun proxecto concreto de I+D.
 
Os beneficiarios poden ser empresas, centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica, asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos.
 
Contía das axudas en función do presuposto financiable, dos criterios de avaliación e tendo en conta que a intensidade neta das axudas non poderá superar os valores indicados en apartado 5 do Marco Comunitario sobre Axudas Estatais de Investigación e Desenvolvemento e innovación (2006/C 323/01).
 
Os instrumentos de financiamento deste subprograma revestirán a forma de subvencións (destinada á formación) e anticipos reembolsables (ata ó 80 % do coste financiable, 0%, 6 anos, 2 de carencia).
 
Prazo de presentación das solicitudes ata o 12 de Xullo. Máis información neste enlace.