Convocatoria Emplea 2014 para a contratación e formación de tecnólogos

Buscar

Publicouse no BOE do 12 de novembro de 2013, por parte da Secretaría de Estado de I+D+i, pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade, a convocatoria Emplea 2014 (antiga INNCORPORA), que con 101 millóns de euros promove o emprego e a formación.
 
O obxectivo desta convocatoria é incentivar a contratación no sector empresarial de tecnólogos (titulados universitarios ou con formación profesional de grao superior) para o período 2014-2016, asegurando a súa formación e cualificación como xestores de I+D+i.
 
  • Financiamento:
  • Préstamos ao Euribor para financiar durante 1,2 ou 3 anos, segundo se solicite, os gastos de persoal ata 45.000 €/ano e os custos indirectos ata o 20% dos gastos de persoal. A convocatoria esixe que sexan novas contratacións a tempo completo para realizar actividades de I+D+i.
  • Subvención para formación de ata 3.200 € por tecnólogo, e os beneficiarios das axudas serán os tecnólogos contratados polas entidades beneficiarias das axudas á contratación Emplea 2014. As axudas cobren a totalidade dos custos académicos e os gastos de asistencia segundo os casos
A contratación e a formación están indisolublemente ligadas. Por este motivo concédense axudas en forma de subvención en especie para que os tecnólogos contratados ao amparo desta convocatoria completen un programa de formación obrigatoria en xestión de I+D+i.

  • Beneficiarios:  empresas, centros tecnolóxicos e de apoio á innovación, fundacións e asociacións empresariais que cumpran os requisitos que establece a convocatoria.
  • Presuposto: 101.500.000,00€
  • Horizonte 2020. Entre as actividades de I+D+i contémplase a transferencia e valorización do coñecemento, así como a preparación de propostas, asesoramento, a xestión e o impulso necesarios para incrementar a participación española en programas internacionais de I+D+i, especialmente no programa Horizonte 2020 da Unión Europea. En consecuencia, a convocatoria destina unha dotación especial para tecnólogos que vaian realizar actividades de I+D+I en proxectos europeos.
O prazo de solicitude de axudas iniciarase o 22 de novembro de 2013 e a convocatoria estará aberta ata o 20 de xaneiro de 2014.
 
Enlace á convocatoria: EMPLEA 2014