Convocatoria do programa CIP: Eco-innovación 2013

Buscar

Vindeiros eventos

Encóntrase aberta a convocatoria Ecoinnovación do Programa Marco de Innovación e Competitividade da Comisión Europea (CIP) xa está aberta a data límite de presentación de solicitudes, será o 5 de setembro de 2013.
 
O obxectivo do programa é cubrir a primeira aplicación no mercado de produtos ecoinnovadores (Solucións medioambientais e produtos “verdes”) que xa fosen demostrados pero que, debido aos riscos residuais que aínda teñen, necesitan incentivos para chegar ao mercado.
 
As áreas prioritarias para financiamento serán:
 
  • Reciclado de materiais.
  • Materiais de construción sustentables.
  • Sector de alimentación e bebidas.
  • Auga.
  • Negocios máis ecolóxicos.
 
As características principais deste programa son as seguintes:
 
  • Duración máxima por proxecto: 36 meses.
  • Financiamento: 50% dos custos elixibles a fondo perdido.
  • As propostas poden ser presentadas de forma individual ou en consorcio.
  • Presuposto da convocatoria: 37,8M€ (Aprox. 45 proxectos).
  • As tres principais características dos proxectos son: Impacto Medioambiental, futuro beneficio económico (Incluída elevada taxa de replicabilidade) e carácter innovador.