Convocatoria de Reindustrialización 2013

Buscar

Vindeiros eventos

No BOE do 7 de maio publicouse a convocatoria de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización no ano 2013, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que na súa Convocatoria Xeral contempla:

  • Actuacións financiables: actuacións de creación, ampliación ou traslado de establecementos industriais, que contribúan á xeración de emprego e ao aumento das exportacións
  • Beneficiarios: sociedades mercantís do sector privado validamente constituídas no  momento de presentar a solicitude de financiamento e que desenvolvan unha actividade industrial produtiva.
  • Duración: as actuacións financiadas deberán executarse nun prazo máximo de 18 meses contados desde a data de resolución da concesión. Os investimentos non poden iniciarse ata que se presente a solicitude de financiamento.
  • Presuposto mínimo: 100.000 euros no caso de PEMEs e 750.000 € para grandes empresas.
  • Conceptos financiables:
  • Obra civil: investimentos en urbanización e canalizacións.
  • Edificación: construción, ampliación ou adecuación de naves industriais así como instalacións e equipos non vinculados á produción.
  • Activos materiais directamente asociados á produción excluídos os elementos de transporte exterior.
  • Tipo e intensidade do financiamento:
    • Préstamo ao 4,925% de interese.
    • 10 anos de amortización con 3 de carencia.
    • Ata o 70% do presuposto financiable (PEMEs poden chegar ata o 75%).
    • Esixirase aval  bancario ou dunha sociedade de garantía recíproca, no momento da solicitude do financiamento.
    • O importe do aval será do 10% do préstamo solicitado no caso de que os solicitantes dispoñan de contas inscritas no rexistro mercantil dos 3 últimos exercicios cerrados, e cuxo resultado neto fose positivo no último exercicio cerrado. Noutro caso, o importe do aval será do 20% do importe solicitado. 

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 13 de xuño. 

Máis información no BOE http://www.boe.es/boe/dias/2013/05/07/pdfs/BOE-A-2013-4784.pdf