Convocatoria axudas INNOGLOBAL CDTI

Buscar

Publicada a convocatoria do Programa INNOGLOBAL de CDTI para fomentar a cooperación internacional das empresas españolas en materia de I+D+i cun presuposto de 10 millóns de euros en subvencións para o período 2017-2020.

 

En particular perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, que supoñan á súa vez un avance tecnolóxico e industrial relevante.

 

Proxectos subvencionables: 

 

 

  • Proxectos individuais de I+D, que poderán incluír actividades de investigación industrial e/ou desenvolvemento individual.
  • Contía mínima 150.000 € e duración entre 12 e 36 meses.
  • Carácter internacional: poderán ser beneficiarias as empresas españolas presentes en proxectos dentro dos Programas Multilaterais (EUREKA e IBEROEKA), Bilaterais (Alxeria, Xapón, Brasil, Cuba, China, Exipto, India, México, Tailandia, Rusia....), ou nos proxectos internacionais de certificación unilateral por CDTI, xunto a outros relativos á súa preparación para a participación en licitacións de organismos de Investigación e Grandes Instalacións Científicas internacionais, de acordo coas prioridades establecidas no Programa Estatal de Impulso ao Liderado Empresarial en I+D.

 

 

Intensidade da axuda: Subvención de ata o 50%, 40% o 30% para as pequenas empresas, medianas e grandes empresas, respectivamente

 

Prazo de solicitude: ata o 5 de xuño, ás 12.00 h do mediodía, hora peninsular.

 

Máis informacion en https://www.cdti.es/index.asp?MP=7&MS=785&MN=3&TR=C&IDR=2564