Convocatoria axudas 2017 Reindustrialización e Competitividade Industrial (MINECO)

Buscar

Vindeiros eventos

O 8 de abril publicouse no BOE o extracto da convocatoria de 2017 dos Programas de Reindustrialización e Fortalecemento da Competitividade Industrial do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, para a concesión de apoio financeiro ao investimento empresarial para o desenvolvemento industrial, dotada con de 600 millóns de euros de presuposto.
 
As principais características da convocatoria, son as seguintes:
 
Prazo de presentación: do 30/05/2017 ao 17/07/2017
 
Formalización e presentación de solicitudeshttps://sede.minetad.gob.es
 
Beneficiarios: Empresas que desenvolvan, ou vaian desenvolver, actividade industrial encadrada na Sección C-Divisiones 10 a 32 de la Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009), diferenciándose as pemes das grandes empresas.
 
Tipos de proxecto:
  • Creación de establecementos industriais.
  • Traslado.
  • Ampliacións de capacidade de produción instalada en centros de produción existentes, a través da implantación de novas liñas de produción.
  • Melloras e/ou modificacións de liñas de produción.
  • Requisitos dos proxectos:
Prazo de execución dos investimentos: desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria ata 18 meses a partir da resolución definitiva de concesión.
 
Presuposto mínimo de 100.000 €.
 
Garantías: Necesidade na solicitude de un aval do 10% do préstamo que se solicite.
 
Financiamento privado: polo menos o 25% do investimento.
 
Conceptos financiables:
  • Obra Civil: urbanización e canalizacións, con exclusión expresa de terreos.
  • Edificación: adquisición, construción, ampliación ou adecuación de naves industriais, así como das súas instalacións e outros equipos non vinculados directamente ao proceso.
  • Aparatos e equipos de produción, excluídos os elementos de transporte exterior. Poden ser de primeiro ou segundo uso.
  • Enxeñería de proceso de produción: persoal propio, materiais e colaboracións externas necesarias para deseño e/ou redeseño de procesos.
Tipo e intensidade da axuda: Préstamo de ata o 75% do presuposto financiable con 10 anos de amortización e 3 anos de carencia a un tipo de interese, segundo avaliación económico-financeira (1,575%, 2,20% ou 4%, en función da avaliación económico-financeira).