Convocatoria 2012 Programa Torres Quevedo

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O 24 de outubro publicouse a convocatoria 2012 de Torres Quevedo, cuxo prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 13 de decembro.
 
As características principais da axuda son as seguintes:
 
  • Obxecto da axuda: Contratación laboral de doutores que desenvolvan proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou estudos de viabilidade técnica previos.
  • Beneficiarios: empresas, centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica, asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos.
  • Tipo e intensidade da axuda: subvención a fondo perdido cunha duración de 3 anos. Intensidade variable segundo cualificación do proxecto e categoría da entidade beneficiaria.
  • Custo financiable: Suma da retribución bruta máis cota empresarial da Seguridade Social, cunha retribución mínima anual de 18.000 € e un presuposto máximo de 55.000 €/anuais.
  •  Requisitos dos investigadores:
- Estar en posesión do grao de doutor na data de presentación da solicitude.
- Non ter estado vinculado laboralmente coa entidade coa que solicita unha axuda deste subprograma nin con ningunha outra relacionada accionarial ou socialmente con esta entre o 18 de maio de 2010 e o 16 de xuño de 2011, ambos inclusive.
- Non contar, no momento de presentación da solicitude, cunha participación no capital da entidade que solicita unha axuda deste subprograma ou doutra relacionada accionarial ou socialmente con esta que supoña unha capacidade de control efectivo, directo ou indirecto, da entidade.
  • Dotación presupostaria da convocatoria: 22,5 millóns € para a concesión dun máximo de 330 axudas.
Máis información neste enlace do MINECO.