Convocatoria 2012 de Axudas a investimento empresarial (IG100 e IG101)

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O IGAPE ten aberto o prazo para o financiamento a fondo perdido en concorrencia non competitiva dos seguintes tipos de proxectos:

- IG100.- Proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 €.

Dirixido á implantación de proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 € para a creación de novos establecementos, ampliación dun establecemento existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.

Máis información en  http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP195

- IG101.- Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego.

Dirixido a servizos avanzados en Galicia cun investimento superior a 200.000€ e cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 10 novos postos de traballo de carácter indefinido

Máis información en http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP196

Prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de decembro de 2012.