Axudas MINECO para a contratración de tecnólogos para I+D+i en PEMES

Buscar

Ata o 4 de maio as PEMES poden solicitar ao MINECO axudas para a contratación de tecnólogos titulados universitarios ou non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente para a realización de actividades de I+D+I, de acordo coa normativa laboral vixente. 

 

Características das axudas : 

 

·   Subvención de ata un máximo dun 75% (en Galicia) do custo da retribución bruta e a cota empresarial á Seguridade Social percibidas durante o período de execución da axuda.

 

·   Importe máximo anual máximo de 30.000 € para tecnólogo titulado universitario e 25.000 € para titulado non universitario con formación profesional de grao superior ou equivalente.

 

·   Máximo 2 axudas por empresa. 

 

·   As axudas outorgaranse por anualidades completas, coincidentes co período de execución da axuda. Este terá unha duración de 3 anos consecutivos e ininterrompidos. 

 

As axudas outórganse en concorrencia competitiva.

 

solicitude require certificado electrónico e inscrición previa no Rexistro Unificado de Solicitantes (RUS) e no Sistema de Entidades (SISEN) do MINECO.

 

Máis información neste enlace.