Axudas do programa “Promoción de Implantación de empresas estranxeiras” de Invest in Spain, do Ministerio de Economía e Competitividade

Buscar

Vindeiros eventos

Se encontra aberto o prazo de solicitude das axudas do programa “Promoción de Implantación de empresas estranxeiras” de Invest in Spain, do Ministerio de Economía e Competitividade.
 
· O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 28 de decembro.
 
· Actuacións financiables: implantación e consolidación de empresas estranxeiras en España a través do desenvolvemento de proxectos de I+D con recursos locais, sexa de forma experimental ou permanente.
Enténdese por empresa estranxeira aquela que, tendo a súa sede social en España, estea participada nun 10% ou máis por capital estranxeiro ou que, independentemente de onde se encontre a súa sede social, dispoña dunha filial constituída en España.
O proxecto debe desenvolverse nalgunha das seguintes Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas: Galicia, Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura, Asturias, Murcia, Ceuta, Melilla, Castela e León, Comunidade Valenciana e Canarias.
 
· Gastos financiables: os acometidos entre 01/01/2013 e 31/12/2013.
-        Gastos de persoal dedicado ao proxecto de I+D.
-        Custos de amortización de instrumental e material.
-        Custos de amortización de edificios e terreos.
-        Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas.
-        Gastos xerais suplementarios derivados do proxecto de I+D (ata un 25% dos custos directos do proxecto).
-        Outros gastos de funcionamento (material, subministracións, etc.).
 
· Contía da axuda:
-        Subvención a fondo perdido de ata o 80% (proxectos de investigación industrial) ou o 60% (proxectos de desenvolvemento) do presuposto financiable.
-        Contía máxima de 200.000 €.
-        Axuda acollida ao réxime de mínimis.