Axudas do Programa Bonos de Innovación da Axencia Galega de Innovación

Buscar

Publicouse no DOGA convocatoria das axudas do Programa Bonos de Innovación da GAIN con dúas liñas baseadas na concesión de incentivos en forma de bonos ás pemes galegas para a preparación de propostas a convocatorias nacionais e internacionais de I+D+i a través da contratación de axentes intermedios homologados para o dito servizo.
 
 
1. Procedemento de homologación de axentes intermedios do Programa bonos de innovación (código IN851A)
 
- Beneficiarios e requisitos: 
Empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que conten con experiencia na asistencia a empresas para a preparación de axudas nacionais e internacionais de I+D+i.
Equipo humano composto como mínimo por dúas persoas cunha experiencia acreditada de, polo menos, tres anos no asesoramento a empresas na preparación de propostas a programas de financiamento no ámbito do servizo para o cal se solicite a homologación: nacional (bonos nacionais) ou internacional (bonos internacionais). Deberán contar, ademais, cunha titulación axeitada para o desenvolvemento destas actividades.
A entidade deberá dispoñer, nos últimos cinco anos, de referencias concretas e detalladas en polo menos cinco proxectos de I+D+i presentados a programas de financiamento público no ámbito de homologación solicitado: nacional ou internacional. Nestas referencias a entidade debeu desenvolver labores de asesoramento a empresas na preparación da proposta.
No ámbito nacional, exixirase que se obtivese financiamento como mínimo nun proxecto cun consorcio de máis de cinco socios. No ámbito internacional, a exixencia será que se obtivese financiamento nalgunha convocatoria do FP7. 
- Prazos
para solicitar a homologación como axente intermedio: dende o 24/09/13 ata o 31/12/15 (salvo esgotamento de crédito orzamentario)
 
 
2. Axudas para a preparación de propostas que se vaian presentar a convocatorias nacionais e internacionais de I+D+i do Programa bonos de innovación (código IN851B)
 
- Beneficiarios e requisitos: 
  • Pemes galegas
  • A preparación da axuda nacional ou internacional debe ser contratada na súa totalidade a un dos axentes intermedios con homologación vixente 
  • Deben solicitarse para proxectos en colaboración. (Excepción nas accións internacionais, previa solicitude e autorización da GAIN)
  • O orzamento no proxecto da peme galega non pode ser inferior aos 100.000 euros.
  • No caso de procedementos de avaliación de dúas fases, só serán elixibles as propostas presentadas á segunda delas.
  • Os axentes intermedios seleccionados para contratar os seus servizos non poderán estar vinculados coa entidade solicitante 
 
- Tipos de axudas
 
  • Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación que deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico. Entre 2.500 € e 10.000 € dependendo do papel da peme como socio ou como coordinador e do número de socios do consorcio.
  • Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i que deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron, o que se comprobará a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional. Entre 5.000 € e 35.000 € dependendo do papel da peme como socio ou como coordinador, o número de socios do consorcio e o porcentaxe de superación do limiar de avaliación establecido na convocatoria.
- Gastos financiables 
  • gastos de contratación da consultoría do axente homologado
  • gastos posteriores ao 1 de xaneiro de 2013 e entre o día seguinte á comunicación da homologación do axente intermedio seleccionado pola peme e a data de solicitude da axuda. Establécense como excepción á homologación previa aquelas solicitudes que se presenten nos primeiros catro meses do programa e nas cales se presente conxuntamente a solicitude do bono coa de homologación do axente intermedio. Neste casos, a concesión da axuda estará condicionada á obtención da homologación do axente intermedio.
  • gastos anteriores ao 31 de decembro de 2015 se non se produce antes o esgotamento do crédito previsto nestas bases.
- Prazos
para as solicitudes das pemes dos bonos para a preparación de propostas de proxectos de I+D+i:
convocatorias nacionais - no prazo dun mes dende a comunicación da concesión da axuda 
convocatorias internacioanais - no prazo dun mes dende a recepción da comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria  
ata o 31/12/15 (salvo esgotamento de crédito orzamentario)
 
 
Máis información 
 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130923/AnuncioG0198-160913-000... e no Departamento de Proxectos a través desde mesmo correo.
 
Solicitudes
 
Procedemento IN581A
 
Procedemento IN581B