AXUDAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA PARA A CREACIÓN DE GRUPOS OPERATIVOS SUPRA-AUTONÓMICOS.

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

CONVOCATORIA DE AXUDAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA PARA A CREACIÓN DE GRUPOS OPERATIVOS SUPRA-AUTONÓMICOS.

 

O Ministerio de Agricultura publicou o 29 de novembro a convocatoria de axudas para a creación de grupos operativos supra-autonómicos, como instrumento para impulsar a innovación a través da Asociación Europea pola Innovación (AEI) de Agricultura produtiva e sustentable.

 

A finalidade das axudas é a creación destes grupos operativos, que estarán formados por actores de distintos perfís, e buscarán unha solución innovadora para un problema concreto ou unha oportunidade no sector agroalimentario ou forestal. A solución innovadora reflectirase na redacción dun proxecto innovador, que poderá ser executado nunha fase posterior.

 

Coa creación de grupos operativos preténdese promover calquera forma de innovación nos ámbitos da agricultura, gandería e silvicultura, así como na transformación e comercialización de produtos agroalimentarios ou forestais, xa sexa na produción de bens e servizos, nos procesos tecnolóxicos, na organización e xestión, no mercado e a comercialización ou en innovación social ou outras formas de innovación.

 

Estas axudas encádranse dentro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural, que inclúe actuacións de ámbito supra-autonómico, de interese xeral ou cuxa competencia corresponde á Administración Xeral do Estado.

 

A presentación de solicitudes para a creación de grupos operativos supra-autonómicos, convocatoria 2016, realizarase a través de sede electrónica do Ministerio e o prazo permanecerá aberto ata o próximo 28 de decembro de 2016.

 

ENLACE