Axudas do IGAPE para a contratación de xestores de internacionalización

Buscar

Vindeiros eventos

OBXECTIVO
Facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.
 
BENEFICIARIOS
a) As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan un proxecto de internacionalización da propia empresa solicitante e que dispoñan dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores, a través de programas do Igape ou do Icex.
 
b) Os organismos intermedios:
 - Asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers empresariais (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) que representen a un colectivo de empresas galegas, que estean domiciliados en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización que beneficie a todas as empresas asociadas ao organismo intermedio ou, no caso de que non beneficie a todas, que beneficie polo menos ao 25% das empresas asociadas, o cal se acreditará mediante a declaración do número total de asociados e lista detallada de empresas acollidas ao proxecto.
 - Centros de tecnoloxía e centros de apoio á innovación tecnolóxica (con personalidade xurídica propia), inscritos con anterioridade ao 31/12/2012 no Rexistro establecido para o efecto, que estean domiciliados en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización.
 
c) As agrupacións sen personalidade xurídica propia de polo menos tres empresas (persoas xurídicas que cumpran os requisitos da letra a) anterior –non vinculadas previamente entre si que teñan un proxecto común de cooperación para a internacionalización, para o que contraten a un mesmo xestor repartindo a xornada laboral a tempo parcial entre as empresas da agrupación, e que dispoñan cada unha das empresas da agrupación dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores, a través de programas do Igape ou do Icex.
 
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
O xestor deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Debe ser elixido polo beneficiario de entre os integrantes na bolsa de traballo denominada Xestores Igapex e publicada polo Igape na súa páxina web www.igape.es. O beneficiario ten a obriga de comprobar a información.
O solicitante poderá non indicar coa solicitude a identidade do xestor, pero terá que comunicalo ao Igape no prazo máximo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. O xestor deberá estar dado de alta na bolsa de traballo obrigatoriamente á data de contratación.
 
b) O obxecto do contrato laboral é a realización -nun centro de traballo en Galicia ou no estranxeiro- de actividades relacionadas co comercio exterior. No caso de contratos para un centro de traballo no estranxeiro será admitido como subvencionable o contrato realizado por unha sucursal no estranxeiro da beneficiaria ou unha filial con polo menos o 25% do capital subscrito pola beneficiaria, agás no suposto especificado no artigo 16.g) destas bases.
 
c) Debe ser dado de alta nun grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social no caso de contratos de traballo formalizados conforme a lexislación española.
 
Un mesmo xestor pode ser obxecto de varias contratacións subvencionadas contemporáneas, a tempo parcial, por distintos beneficiarios destas axudas.
O contrato laboral deberá formalizarse no prazo máximo improrrogable dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.
 
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Será subvencionable o salario bruto anual da contratación por conta allea dun xestor Igapex de internacionalización, a tempo completo ou parcial, durante o primeiro ano de vixencia do contrato laboral no caso de que o solicitante sexa unha empresa, e durante un máximo dos primeiros 2 anos de vixencia do contrato laboral no caso de que o solicitante sexa un organismo intermedio ou unha agrupación de empresas.
Serán subvencionables únicamente as percepcións salariais (que coticen á Seguridade Social): salario base, complementos salariais, gratificacións extraordinarias, etc.). As percepcións non salariais: indemnizacións, suplidos (dietas, gastos de viaxe, pluses de transporte, etc.), prestacións da Seguridade Social, finiquito, etc. non se considerarán subvencionables.
O prazo de execución do proxecto subvencionable iniciarase o 1 de xaneiro do 2013 e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de setembro do 2014; ou do 31 de xullo de 2015, no caso de solicitudes de organismos intermedios ou agrupacións de empresas que opten por 2 anos de contratación subvencionable.
 
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda para os contratos laborais que se formalicen -a tempo completo ou parcial-, cumprindo os requisitos destas bases, será:
  • No caso de empresas: do 70% do salario bruto anual.
  • No caso de organismos intermedios e agrupacións de empresas,: 75% nos primeiros 12 meses de contratación, 70% nos seguintes 12 meses de contratación subvencionable.
Incremento da porcentaxe de subvención:
- Se o solicitante ten o seu domicilio social ou centro de actividade obxecto do proxecto en algún dos municipios relacionados no anexo III destas bases: provincias de Lugo ou Ourense, comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da Costa da Morte, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.
- Se o xestor que se vai contratar ten no ano de presentación da solicitude unha idade igual ou inferior aos 30 anos (e sempre que nese ano non cumpra os 31 anos) e leva – á data da solicitude- 12 meses ou máis en paro, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.
- Se o solicitante é un clúster galego o unha empresa pertencente a algún clúster galego, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.
O límite máximo de axuda para empresas é de 15.000 € se o centro de traballo de destino do xestor está en Galicia; e de 25.000 € se o centro de traballo se atopa no estranxeiro.
 
Para organismos intermedios e agrupacións de empresas, o límite máximo de axuda por cada 12 meses de contrato é de 25.000 € se o centro de traballo de destino do xestor está en Galicia; e de 30.000 € se o centro de traballo se atopa no estranxeiro.
 
Estes límites máximos son aplicables no caso de contratos a tempo completo. Para contratos a tempo parcial, estes importes máximos reduciranse na mesma proporción que a redución do tempo de traballo.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Ata o 15/07/2013