Axudas adquisición de equipamento I+D+i e contratación de doutores en Parques Tecnolóxicos

Buscar

Se encontra aberta a convocatoria EQUIPA 2014 do MINECO que ten como vantaxe o estar dirixida especificamente a empresas e Centros Tecnolóxicos instalados en Parques Científicos e Tecnolóxicos.
 
Conceptos financiables: 
  • Adquisición de equipamento científico-técnico: equipos novos a usar en actividades de I+D, inventariables (non funxibles), específicos (concretando nome, unidades e custo unitario) e de adquisición directa polo beneficiario.
  • Instalación do equipamento adquirido.
  • Programas e aplicacións informáticos de carácter especializado e técnico destinados exclusivamente á investigación, e que sexan imprescindibles para a instalación ou utilización do equipamento adquirido.
Financiamento: 40.000.000 € en forma de préstamos anuais coas seguintes características:
  • Tipo de interese: Euribor a un ano do mesmo día do mes anterior á data de publicación da convocatoria (0,506%).
  • Prazo máximo de amortización: 10 anos, dos que os 3 primeiros son o prazo máximo de carencia.
  • Permítese a subrogación do préstamo cunha entidade de crédito.
  • Presupostos mínimos e intensidades da axuda:
  • Presuposto nunca inferior a 50.000 €. 
  • Ata o 75% do presuposto financiable
  • Dúas tipoloxías:
a) Presuposto > 500.000 €
Intensidade máxima de axuda: en Galicia máximo 30% de préstamo en forma de subvención bruta equivalente sobre presuposto financiable.
Esíxese efecto incentivador: só se financian inversións desde data de solicitude da axuda.
 
b) Presuposto <= 500.000 €
Intensidade máxima de axuda: o importe total de todas as axudas de minimis (en forma de subvención bruta equivalente) concedidas a una mesma empresa durante un período de tres exercicios fiscais non debe ser superior a 200.000 €.
Non se esixe efecto incentivador: son financiables todos os gastos producidos durante 2014.
 
Execución: as actuacións deben executarse entre o 01/01/2014 e o 31/12/2014, excepto se o presuposto é superior a 500.000 €, en cuxo caso, deberán executarse entre o día seguinte á presentación da solicitude da axuda e o 31/12/2014.
 
Garantías: obrigatorias no caso de concesión de préstamos > 200.000 € por actuación. Garantía polo 25% do préstamo concedido a constituír antes de 30 días naturais desde a concesión da axuda.
 
Solicitude: do 02/01/2014 ao 24/01/2014 ás 15:00 horas.
 
Máis información en http://boe.es/boe/dias/2013/12/31/pdfs/BOE-A-2013-13833.pdf e no Departamento de Proxectos de Tecnópole.
 
Se encontra igualmente aberta a convocatoria Programa Torres Quevedo, axudas dunha duración de tres anos a empresas, centros tecnolóxicos de ámbito estatal, centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal, asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos para a contratación laboral de doutores que desenvolvan proxectos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou estudos de viabilidade técnica previos, a fin de favorecer a carreira profesional dos investigadores, así como estimular a demanda no sector privado de persoal suficientemente preparado para acometer plans e proxectos de I+D, e axudar á consolidación de empresas tecnolóxicas de recente creación. Prazo de solicitudes  ata o 6 de febreiro de 2014