Axudas 2014 do Programa Conecta PEME da Axencia Galega de Innovación

Buscar

O pasado 13 de xaneiro publicouse no DOGA a convocatoria 2014 das axudas do Programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia cofinanciadas por FEDER (código de procedemento IN852A)
 
O próximo 23 de xaneiro lugar na Tecnópole unha xornada informativa destas axudas.
 
  • Beneficiarios e requisitos: 
  - Agrupacións de mínimo entre 3 e 6 pemes galegas independentes entre sí (mínimo unha pequena empresa no consorcio ou subcontratada)
  - Participación mínima por socio 75.000 € equilibrado (máx 65% do orzamento para un sólo socio).
  - Orzamento mínimo financiable de 600.000 euros.
  - Contratación dun organismo de investigación por unha ou varias empresas da agrupación cunha participación mínima do 15 % do total do orzamento financiable do proxecto e máxima do 25 %.
 
  • Actividades subvencionables: 
  - Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos cuxo obxecto é a adquisición de novos coñecementos e técnicas que poidan resultar de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar considerablemente os produtos, procesos ou servizos existentes. Inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos que sexan necesarios para investigación industrial, especialmente a validación de tecnoloxía xenérica, salvo os prototipos.
 
  - Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de plans e estruturas ou deseños de produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados. Poderá incluír, por exemplo, outras actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais. Produción e ensaio experimentais de produtos, procesos e servizos, sempre e cando non poidan utilizarse ou transformarse para o seu uso en aplicacións industriais ou para fins comerciais. Son tamén subvencionables a produción e ensaio experimentais de produtos, procesos e servizos, sempre que non poidan utilizarse ou transformarse para o seu uso en aplicacións industriais ou para fins comerciais. O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles. Para os efectos desta resolución, non se entenderá incluído o desenvolvemento de prototipos e proxectos piloto que poidan utilizarse para usos comerciais baixo a definición de desenvolvemento experimental, senón só os destinados para efectos de demostración e validación.
 
  - Áreas estratégicas: saúde; alimentación, agricultura, pesca e biotecnoloxía; tecnoloxías da información e da comunicación; nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción; enerxía; ambiente (incluído o cambio climático); transporte (incluída a aeronáutica); ciencias socioeconómicas e as humanidades; a seguridade, a construción e enxeñaría civil e o turismo
 
  •   Custos financiables:
     a) Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das actividades de I+D do plan de traballo do proxecto.
 
     b) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto. Se non se utiliza exclusivamente para o proxecto de I+D, so serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables.
 
     c) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e adquisición de patentes, así como os custos de consultoría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva á actividade de investigación. 
 
    d) Custos de material, subministracións e produtos similares (non son financiables os materiais de oficina e consumibles informáticos) e Custos de xestión do coordinador/representante do proxecto, entendendo como tales os derivados da coordinación da agrupación, elaboración de informes das actividades de investigación, así como as xustificacións e o labor de interlocución coa Axencia Galega de Innovación.
 
  • Intensidade das axudas: 
    - pequenas empresas - ata 80% en proxectos de investigación industrial e ata o 60% en proxectos de desenvolvemento experimental
    - medianas empresas - ata 75% en proxectos de investigación industrial e ata o 50 % en proxectos de desenvolvemento experimental
 
  • Prazos: 
 
    - Inicio das actividades do proxecto debe ser posterior á data de presentación da solicitude. 
    - Duración máxima do proxecto ata o 30 de xuño de 2015.
    - Prazo de presentación de solicitudes: 04/01/2014 - 13/02/2014.