Apoio do IGAPE ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das PYMES - RE-SOLVE 2014

Buscar

Publicouse no DOGA a habilitación dunha liña de reavais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve  2014).
 
A Axuda será en forma de garantía. Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía do 25% do risco asumido pola SGR. Considérase coma axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario. 

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de outubro de 2014.

Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguamento, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, excepto pólizas de  crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2014.
 
Características das operacións de financiamento

  • Modalidade Préstamo.
  • O importe máximo do préstamo subsidiable será de 150.000 €. O importe mínimo atendible será de 3.000 €.
  • O prazo de vixencia poderá ser de ata 5 anos, incluída unha carencia dun máximo de 
  • dous anos. 
  • Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.
  • Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder os 6 puntos porcentuais.
  • O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirle ao tipo de referencia o tipo adicional que pactes as partes.
  • As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.
  • A garantía a favor das entidades financeiras será o aval da sociedade de garantía recíproca adheridas ao convenio polo 100% do risco. 
  • As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa, adicionais ás achegas reintegrables aos fondos das SGR estipuladas para a operación.
  • As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR.

Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140513/AnuncioO92-070514-0001_...