Aberta a 1ª CONVOCATORIA 2017 / RE-ACCIONA TIC

Buscar

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
DENDE O 13 DE XANEIRO ATA O 28 DE FEBREIRO
 
O Igape oferta a realización de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de empresa dixital e Industria 4.0 a pemes galegas co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
 
 
Beneficiarias: as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade
económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
 
Tipo de axuda: axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital por parte da Amtega e Industria 4.0 por parte do Igape, para a súa realización en empresas galegas, dentro do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:
 
Empresa dixital:
 
1º. Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.
2º. Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.
3º. Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.
4º. Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital.
 
Industria 4.0:
1º. Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.
2º. Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.
3º. Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.
 
As axudas configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.