STEAM Kids Tecnópole

Como?

A proposta STEAM Kids Tecnópole busca ofrecer aos máis novos unha aproximación innovadora ao mundo da ciencia e a tecnoloxía, abordándoas desde unha óptica artística e creativa.
 
O termo STEAM é o acrónimo de Science,  Technology, Engineering, Art and Math.
Baixo este termo inclúense aprendizaxes que engloban as citadas áreas de coñecemento cun enfoque de pensamento crítico e interdisciplinar, de forma que o alumnado traballe o ámbito científico tecnolóxico dunha forma integral, facéndose consciente da importancia de campos de coñecemento tan dispares como a arte ou as matemáticas.
 
Para iso, o programa da actividade aposta por ofrecer aos nenos e nenas un conxunto de actividades de aprendizaxe que xiren ao redor de distintos campos de coñecemento pero que requiran do uso de todo tipo de habilidades, tal como sucede na vida real. Levaranse a cabo pequenas investigacións, construiranse robots programables, voaranse drons, deseñaranse instalacións artísticas de base tecnolóxica, superararanse retos STEAM, entre outras actividades.

¡NOVIDADES!

Durante este curso Aulas Tencópole e STEAM Kids Tecnópole reinvéntanse e alíñanse cos Obxectivos da Axenda 2030 das Nacións Unidas. Para iso, incorpóranse un conxunto de propostas centradas, principalmente, en dous dos seus obxectivos: Dixitalización e Sustentabilidade.

Deseñáronse un gran número de actividades medioambientais, que irán desde a investigación nun pequeno horto ata a recollida de datos meteorolóxicos para a súa posterior análise. E todo iso acompañado de novas propostas de pensamento computacional e robótico, drons, ciencia experimental ou deseño.
 

Para quen?

Prazas limitadas para 25 nenas/os de 8 a 11 anos de idade.

Cando?

Os mércores de 18:10h a 19:40h durante os meses de outubro de 2021 a maio de 2022.

Onde?

Instalacións de Tecnópole.
Transporte incluído dende varios puntos da cidade de Ourense.

Canto?

Cotas mensuais: 50 €.

Prazo

Do 1 ao 30 de setembro por orde de inscrición.

Inscrición

 
- PTG, S.A poderá decidir, por recomendacións sanitarias o cesamento da actividade presencial e/ou diminución no número de asistentes, trasladando na súa totalidade e/ou complementando a formación de forma online a través dunha plataforma de formación de contidos científicos-tecnolóxicos propiedade de Parque Tecnolóxico de Galicia.
 
- En caso de suspensión de STEAM Kids Tecnópole, ofertarase unha alternativa formativa online coherente coa formacion de STEAM e que utilice como soporte a plataforma de contidos científicos - tecnolóxicos propiedade de PTG, S.A.