Centro Experimental dirixido ás empresas galegas que permite testar a eficacia e a eficiencia de novos equipamentos no campo das enerxías renovables. Con apoio económico do Programa Nacional de Enerxía a través do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica do Ministerio de Educación e Ciencia.
A sección de enerxía solar fotovoltaica dispón dunha instalación conectada á rede eléctrica cunha potencia de 89,8 kW na que as empresas do sector poden realizar probas, sobre todo no referente a novos compoñentes, fundamentalmente paneis solares e inversores. A instalación conta cun seguidor solar para optimizar o rendemento dos paneis xirándoos de forma automática cara o sol.