Sala de Coworking

Tecnópole conta cun distinguido espazo orientado ao traballo compartido entre profesionais que buscan prestacións e flexibilidade de uso, aberto os 365 días do ano.
 
A Sala de Coworking preséntase como unha alternativa útil como:
  • oficina habitual para profesionais independentes
  • enclave ocasional para profesionais desprazados a Ourense.
Dende só 12 € ao día e 100 € ao mes (*), o espazo conta con todos os servizos dunha oficina en aluger (incluíndo acceso a wifi, aparcamento e recepción) máis o valor engadido do contacto con outros profesionais e coas empresas e centros tecnolóxicos situados no recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia.
 
* IVE non incluído

Coñece o Espazo

A sala de coworking ten 60 m2, nos que se habilitaron seis postos de traballo. Está instalada no edificio Tecnópole I, o máis moderno e de máis recente construción do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Horarios e Condicións

A sala está aberta todos os días do ano de 7.00 a 23.00 horas .
 
Para acceder a ela has de cubrir unha solicitude de acceso que será sometida a un inmediato sistema de selección a cargo da comisión de valoración para comprobar
  • o carácter tecnolóxico/innovador
  • o potencial de crecemento
  • a orientación ao mercado
da actividade a desenvolver na sala de coworking.
 
Se non puideses obter o teu sitio por exceso de ocupación pasarás á lista de espera e comunicaráseche a dispoñibilidade do espazo tan pronto sexa posible.
 
Cando teñas accedido á sala, a túa actividade deberá rexerse polo Regulamento de Réxime Interno que non é máis que unha serie de normas básicas de funcionamento e convivencia.
 
Durante certos períodos do ano, por motivos de vacacións do persoal, a sala pode estar dispoñible só para as entidades vinculadas con empresas de Tecnópole.

Tarifas e Servizos

A tarifa de uso da sala é de 12 euros/día ou 100 euros/mes cos seguintes servizos incluídos:
  • Posto de traballo:
    • Mesa de traballo individual equipada con dous caixóns.
    • Acceso á mesa de reunión común da propia sala.
    • Espazo no estante común da sala.
    • Internet wifi.
    • Climatización, luz e limpeza.
  • Uso de salas de reunións independentes (se optas pola permanencia dun mes, terás dereito a un uso dunha sala de forma gratuíta).
  • Control de accesos.
  • Aparcadoiro próximo ao edificio no recinto de Tecnópole.
  • Servizo de vídeo-vixilancia.
  • Servizo de vixilancia nocturna.
  • Servizo de recepción (avisos por correo electrónico e recollida de mensaxería-correspondencia).
  • Acceso a servizos extra con baixo custo: proxector de vídeo, fotocopiadora, escáner, etc. (consultar tarifas aquí).
  • Ámbito de relacións con alto valor engadido. Gaña visibilidade, establece contactos e deixa a túa pegada:
    • Espazo compartido con outros profesionais de perfís afíns ao teu e con potencial para establecer sinerxías.
    • Proximidade inmediata a centros tecnolóxicos e a preto dun centenar de empresas dentro do recinto.
    • Proximidade a centenares de empresas situadas nos tres polígonos industriais próximos.

Regulamento de Réxime Interno

Para seguir garantindo o bo funcionamento do recinto, a normal convivencia e o respecto ás persoas e instalacións, as normas aquí recollidas serán de obrigado cumprimento polos usuarios da Sala de Coworking.
 
A súa aceptación é un requisito imprescindible para o uso das instalacións de cotraballo.

HORARIOS

O horario de funcionamento establecido para a Sala de Coworking é de 7:00 a 23:00 horas todos os días do ano.

ACCESO Á SALA DE COWORKING

De forma previa ao uso da Sala, os clientes poderán recoller as súas tarxetas de acceso no Servizo de Recepción de Tecnópole.
 
A sala pode contratarse por día ou por mensualidade.
  1. Tras a aceptación do Regulamento de Réxime Interno e a aceptación da súa solicitude de acceso, os clientes deberán facer efectivo o pagamento anticipado da tarifa.
  2. No caso dos clientes dun mes, farase efectivo o pagamento, preferiblemente, mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta.
  3. No caso de clientes dun día, por cuestións prácticas, o pagamento poderase facer efectivo no Servizo de Recepción de Tecnópole
Finalizado o uso contratado os usuarios deberán reintegrar a súa tarxeta de acceso en Recepción ou no Control de Accesos.
 
Non se permitirá a entrada á Sala a ningún usuario fóra do horario establecido.
 
Ao tratarse dunha Sala de cotraballo non se permitirá o acceso a ningún usuario que non respecte as normas convencionais de hixiene persoal.

APARCADOIRO

Os usuarios poderán aparcar o seu vehículo nas zonas habilitadas para iso no recinto de Tecnópole, salvo nos aparcadoiros reservados. Deberán facilitar o seu número de matrícula.

VISITAS EXTERNAS

As visitas externas dos usuarios deberán identificarse no posto de control de accesos de Tecnópole e non interferirán nin interromperán o traballo do resto de usuarios da Sala de Coworking, utilizando, polo tanto, espazos comúns ou lugares habilitados (salas de reunións) para tal fin.

VIXILANCIA

O edificio e o recinto de Tecnópole está videovixilado segundo a normativa aplicable.

SERVIZO DE RECEPCIÓN

O Servizo de Recepción de Tecnópole, situado no edificio CEI, poderá pasar avisos aos usuarios da Sala de Coworking vía mail e recepcionar paquetes ou correspondencia, durante a estancia contratada polos usuarios e se así o indican con antelación.

INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTO ADICIONAL NA SALA

Os usuarios que precisen instalar calquera equipo necesario para a súa actividade na sala deberán solicitalo previamente a Tecnópole por correo electrónico na seguinte dirección: tecnopole@tecnopole.es e esperar a correspondente autorización.

MAL USO DAS INSTALACIÓNS

Será responsabilidade dos usuarios os danos causados na sala e no seu mobiliario e instalacións provocado por un mal uso ou un uso irresponsable deste.
A limpeza da sala correrá a cargo da empresa que realiza o servizo do Edificio Tecnópole I pero esixirase aos usuarios un correcto comportamento. En caso de neglixencia Tecnópole resérvase o dereito de actuar en consecuencia.

PLAN DE EMERXENCIA

Os usuarios da sala, como o resto dos usuarios do Edificio Tecnópole I, deberán seguir as medidas de seguridade e emerxencia do Centro.

DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS DA SALA DE COWORKING

Unha vez aprobada a súa solicitude os usuarios da sala terán dereito a utilizar os servizos que inclúe a tarifa:
  • Posto de traballo:
    • Mesa de traballo individual equipada con dous caixóns.
    • Acceso á mesa de reunión común da propia sala.
    • Espazo no estante común da sala.
    • Internet wifi.
    • Climatización, luz e limpeza.
  • Uso de salas de reunións independentes (se optas pola permanencia dun mes, terás dereito a un uso dunha sala de forma gratuíta).
  • Control de accesos.
  • Aparcadoiro próximo ao edificio no recinto de Tecnópole.
  • Servizo de vídeo-vixilancia.
  • Servizo de vixilancia nocturna.
  • Servizo de recepción (avisos por correo electrónico e recollida de mensaxería-correspondencia).
  • Acceso a servizos extra con baixo custo: proxector de vídeo, fotocopiadora, escáner, etc. (consultar tarifas aquí).
  • Ámbito de relacións con alto valor engadido. Gaña visibilidade, establece contactos e deixa a túa pegada:
    • Espazo compartido con outros profesionais de perfís afíns ao teu e con potencial para establecer sinerxías.
    • Proximidade inmediata a centros tecnolóxicos e a preto dun centenar de empresas dentro do recinto.
    • Proximidade a centenares de empresas situadas nos tres polígonos industriais próximos.
  • Os postos serán ocupados segundo orde de chegada dos usuarios.
  • Tecnópole non se fai responsable das pertenzas persoais dos usuarios.
  • Unha vez rematado o tempo contratado, o posto deberá quedar completamente libre. Tecnópole non se fai responsable de documentacións esquecidas nin equipos nin materiais de ningunha clase.
  • Un usuario por posto de traballo: o uso dos postos de traballo é nominal e intransferible, non está permitido ceder nin subrogar unha segunda persoa (aínda pertencendo á mesma empresa) o posto de traballo da Sala nin o seu uso simultáneo por terceiras persoas. Ao tratarse dunha sala de cotraballo, a presenza dos seus usuarios é fundamental. Para respectar a flexibilidade e o obxectivo deste servizo, cando o uso contratado teña carácter mensual Tecnópole poderá esixir un uso presencial mínimo non permitindo ausencias prolongadas.
  • Aínda que resulte obvio, a actividade que se desenvolva no posto de traballo debe ser legal.
  • En caso de irregularidades por parte dos usuarios, Tecnópole resérvase o dereito de actuar en consecuencia.

Solicitude Coworking