Programa AgroBiotech Innovación

A II Edición do Programa Centro de Excelencia para o impulso do crecemento sustentable da peme innovadora galega - "AgroBiotech Innovación" - está dirixida a impulsar o despegue das empresas con gran potencial nos eidos
  • Biotecnolóxico
  • Agroalimentario
  • Biomasa
a través dun plan de traballo práctico, orientado principalmente a aumentar o potencial innovador das empresas participantes, favorecendo o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores, o establecemento de relacións con novos socios e facilitar a transferencia e o acceso de información entre empresas.
 
Os destinatarios nesta segunda edición serán aquelas pemes innovadoras, en fase de crecemento ou consolidación, que teñan unha actividade industrial, comercial ou de servizos en Galicia pertencentes ao eidos biotecnolóxico, agroalimentario ou da biomasa.