Parcelas

En Tecnópole hai 255.000 m² de terreo distribuído en parcelas de diferentes superficies para a construción de naves de carácter industrial, tecnolóxico ou de servizos.
 
Un espazo conformado por unha oferta inmobiliaria versátil e unha ampla gama de servizos empresariais, de telecomunicacións e financeiros onde se fomenta a vinculación existente entre súas empresas, crucial para que o Parque sexa o ecosistema innovador que é. O mercado máis próximo está definido por un núcleo central composto por unha ampla gama de empresas locais (rexión Galicia-Norte de Portugal) en fase de expansión e multinacionais con operacións rexonais.
 
O Parque Tecnolóxico de Galicia pon a disposición do mercado cinco parcelas de solo empresarial, uns 37.000 m2 de superficie, pola metade de prezo, ao redor de 35 euros o metro cadrado.
 
Cada unha das parcelas está dotada dos seguintes servizos:
  • Rede de abastecemento de auga potable.
  • Rede de incendios cunha presión de 3 Kg/m².
  • Rede de rego de auga non potable e destinada exclusivamente para rego de zonas verdes.
  • Canalización para media tensión por se a demanda de subministro eléctrico excede o límite de 40 Kw.
  • Punto de conexionado para baixa tensión para unha potencia máxima admisible de 40 Kw dotada das correspondentes proteccións. Para as parcelas da zona de ampliación a canalización para baixa tensión é desde o CT máis próximo.
  • Canalización de telecomunicacións enlazada co centro de reparto máis próximo.
  • Arqueta para fecais.
  • Arqueta para pluviais.
 
Ademais todo o ámbito está cerrado cun valado perimetral. Tamén está dotado de cámaras de vídeo vixilancia durante as 24 horas do día con gravación permanente.
 
Tecnópole ofrece a posibilidade a emprendedores e empresarios de adquirir solo industrial a través de diferentes formulas de financiamento:
  • Constitución de Dereito de Superficie: Dereito real que permite ao seu titular construír sobre solar obtendo a propiedade do edificado durante 30 anos prorrogables. O superficiario comprometese a retribuir ao concedente un canon anual na sua periodicidade mensual por importe do 1,5% do prezo de venda da parcela durante os cinco primeiros anos, para ser nos seguintes anos ao 2,5% do prezo de venda. O contrato de superficie inclúe un dereito de opción de compra da parcela; e sobre a cantidade a aboar descontarase o 40% das cantidades satisfeitas en concepto de canon.
  • Arrendamento con opción de compra: Durante dez años e a contar dende a firma do contrato.
  • Venda con prazo aprazado en pleno dominio: Na que se ofrece a posibilidade de realizar o pago aprazado, de maneira que se debe achegar o 20% do prezo na firma da escritura e o 80% restante nun período de ata 6 anos.
  • Mapa de Parcelas

Condicións de Acceso a Parcelas

O expediente de venda de parcelas iníciase coa solicitude por parte da empresa interesada a través dos medios establecidos pola sociedade xestora de Tecnópole, preferentemente mediante o formulario "solicitude de parcela".
 
A sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia S.A., co fin de asegurar o normal funcionamento do Parque, ten a responsabilidade de establecer as condicións de repercusión dos gastos xerais dos servizos aos usuarios, arrendatarios ou propietarios das parcelas de Tecnópole. Por este motivo facturará trimestralmente en concepto de “Derrama de Gastos de Parcelas” a cantidade de 0,17 € por cada metro cadrado en propiedade. Esta cantidade poderá ser revisada anualmente á alza ou á baixa en función da evolución do custo dos servizos ofrecidos.

Normas de Urbanización

Condicións de volume

  • A altura máxima da edificación será de 13,50 metros medida no centro da fachada ata a cara superior do último forxado ou, liña tirante en cimbras.
    Permitirase exceder a dita altura en edificacións singulares propias do Parque Tecnolóxico debidamente xustificadas.
    No caso de sotos e semisotos permítense sen contar edificabilidade.
  • Edificabilidade máxima, 1,5 m2/m2 ó 5,5 m3/m2.
  • Ocupación en planta. A edificación non poderá ocupar máis dun 50% da superficie da parcela na que se sitúe. Preverase no interior das parcelas o espazo necesario para aparcadoiro e operacións de carga e descarga. A dotación mínima de aparcadoiro no interior da parcela será dunha praza cada 100m2 de edificación.
  • Retranqueos mínimos. Os retranqueos mínimos que deben cumprir as edificacións a construír serán as seguintes:
    Á vía pública -10 m
    Á parcela lindeira -5 m
    Esta medida contarase a partir do límite de parcela correspondente.
  • Aliñacións. Non se define ningunha aliñación salvo a que se deduce das condicións de retranqueos mínimos.
  • Antepeitos de cornixa.No remate de cornixa de coroación permítese a execución de antepeitos por encima da rasante da dita cornixa, podendo macizarse ata a altura de 1,00m e colocar varandas ata 1,20 m sobre a dita rasante.
  • Chemineas. Salvo xustificación non excederán os 2,00m sobre a cota de cumieira.
  • Beirados. Permitiranse voos máximos de 1,00 m sobre a aliñación correspondente ao retranqueo mínimos.
  • Marquesiñas. O deseño de marquesiñas sitas na planta baixa dos edificios deberá realizarse de acordo aos seguintes criterios:
    • A altura sobre rasante será como mínimo de 3,5m, non podendo exceder en ningún caso a altura do forxado que forma teito de planta baixa.
    • O voo máximo sobre a aliñación resultante do retranqueo mínimo será de 2,00 metros.
  • Permítense a colocación de letreiros anunciadores en planta baixa, altas e remate de edificios sempre que correspondan a un deseño acorde coa imaxe do Parque.

Condicións estéticas

  • Na composición plástica dos edificios tenderase á resolución dos edificios mediante materiais de alta tecnoloxía, acorde coa imaxe dun Parque Tecnolóxico sendo valorados neste sentido as superficies acristaladas en fachada.
  • En canto a materiais prohibidos non se permite o uso de materiais inconsistentes ou de fácil desprendemento, así como as imitacións e falseamento de materiais.
  • Queda prohibido o uso de fibrocemento en cuberta cando este fose quedar á vista.
  • Tanto as medianeiras como os parámetros susceptibles de posterior ampliación deberán tratarse como unha fachada debendo ofrecer unha calidade de obra terminada igual á principal.
  • Permítense os rótulos logo da aprobación municipal.
  • Os parámetros de fachada de semisoto non poderán ser macizos na súa totalidade.
  • Permitirase un zócolo continuo dunha altura máxima de 0,50m.

Condicións hixiénicas de seguridade e accesibilidade

  • As condicións hixiénicas das edificacións axustaranse ás disposicións establecidas na lexislación laboral e sanitaria correspondente.
  • En canto ao illamento térmico acústico será de aplicación para todo tipo de edificios a Normativa Básica en vigor.
  • No relativo ás condicións de ventilación e iluminación será de aplicación para todo tipo de edificios a Normativa en vigor.
  • Para garantir a impermeabilización dos edificios, os parámetros exteriores acabaranse con materiais adecuados para este efecto e un mínimo de duración garantida de 10 anos.
  • Tanto a evacuación de augas residuais dos edificios como as procedentes da recollida de pluviais conduciranse ata as redes principais do Parque.
  • En canto ás condicións de accesibilidade nos edificios cumpriranse cando menos as mínimas a que se refire o Decreto 286/192 de 8 de outubro, de accesibilidade e eliminación de barreiras.

Solicitude de Parcela

Pode indicar a súa preferencia por unha parcela en concreto
Especifique os m² aproximados que necesitaría