Onde Estamos

Nas proximidades de Tecnópole atópase o Campus de Ourense da Universidade de Vigo, onde traballan numerosos grupos de investigación relacionados con enxeñerías, informática, biotecnoloxía, física industrial e química, entre outras disciplinas, conformando así un importante potencial de recursos humanos cun elevado grao de capacitación.
Tecnópole está situada no concello de San Cibrao das Viñas, a 12 km. da cidade de Ourense e rodeada pola zona industrial máis importante da provincia (polígonos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros).
 
Esta localización estratéxica configura a Tecnópole como o lugar ideal para a Investigación, o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, debido a que se atopa totalmente comunicada coas cidades galegas máis importantes a través dunha complexa rede de infraestruturas. A conexión con Vigo a través de autovía (a-52, con saída/entrada propia para Tecnópole) asegura un acceso privilexiado ao aeroporto de Peinador e os portos comerciais das Rías Baixas, tanto o de Vigo como os de Marín e Vilagarcía, aos que, ao igual que á cidade de Pontevedra, se accede por autoestrada (AP -9) dende Vigo. O traxecto a Santiago de Compostela -e ao seu aeroporto, Lavacolla- pódese facer xa na súa totalidade por autoestrada (AP-53). A conexión coa Coruña -aeroporto de Alvedro- e Ferrol é posible dende Santiago por autoestrada (AP-9). Tamén está previsto que proximamente comecen as obras que conectarán Ourense con Lugo por autovía.
 
Polo que respecta ao ferrocarril, ademais das conexións internas con outros puntos de Galicia, está prevista a súa comunicación coa Meseta en menos de dúas horas a través do AVE.
 

Como chegar

Programe o seu GPS coas seguintes coordenadas: Norte: 42º 17' 44.49' Oeste: 7º 48' 00.77''.
Obteña a súa ruta de viaxe introducindo o seu punto de partida en Google Maps.