Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Innovación e Industria abre o curso de creación de empresas para emprendedores posto en marcha pola Tecnópole e a EOI

O director xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria, Salustiano Mato, foi o encargado de abrir hoxe na Tecnópole o curso de creación de empresas destinado a emprendedores impulsado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e impartido pola Escola de Negocios EOI, a primeira escola de dirección de empresas do Estado.

Os funcionarios do Concello de Ourense fórmanse na medición de ruídos cunha empresa da Tecnópole

Os funcionarios do Concello de Ourense, e en particular os axentes da Policía Local, recibirán formación a partir de mañá luns en medición de ruídos e elaboración de informes a cargo da empresa Sonen, Centro de acústica e servizos de telecomunicacións, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).

O LOMG lanza unha xornada sobre calidade nos procesos de medida

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (Lomg), na súa aspiración de ofertar un servizo integral á industria, deseñou unha xornada sobre calidade nos procesos de medida que se celebrará os días 24 de abril e 22 de maio, co obxectivo de proporcionar aos asistentes criterios e ferramentas que lles permitan determinar a idoneidade dos seus instrumentos de medida, saber que información debe ser solicitada a un provedor de servizos de calibración, interpretar os certificados de calibración e, coa información extr

Os emprendedores galegos poderán elaborar o seu plan de negocio co apoio on-line gratuíto da Tecnópole e da EOI

Os emprendedores galegos poderán acceder a formación e asesoramento personalizado on-line para elaborar o seu plan de negocio grazas ao programa de creación de empresas impulsado pola Tecnópole e impartido pola Escola de Negocios EOI, a primeira escola de dirección de empresas en España.

Os empresarios expoñen as súas últimas cuestións sobre as axudas á I+D+i de Innovación e Industria na Tecnópole

Un amplo número de empresarios galegos expuxéronlles esta mañá na Tecnópole as súas últimas dúbidas sobre os programas de apoio á I+D+i empresarial do Plan INCITE aos técnicos da Consellería de Innovación e Industria desprazados a San Cibrao das Viñas para explicar as liñas de subvención habilitadas para este ano.
 

Tecnópole acolle a presentación das axudas á I+D+i empresarial da Consellaría de Innovación e Industria

Todos os empresarios galegos que desexen presentar solicitudes de axuda aos programas de apoio á I+D+i empresarial do Plan INCITE, impulsado pola Consellería de Innovación e Industria, terán ocasión de coñecer en profundidade as liñas de subvención habilitadas para este ano e de solventar as súas dúbidas na xornada que terá lugar o vindeiro mércores día 16, en horario de mañá, na Tecnópole.

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia presenta os seus proxectos educativos mediante a exposición 'Medindo o Universo'

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) presenta mañá venres 11 de abril as súas actividades de divulgación científica para 2008 coa exposición 'Medindo o Universo'.

Os participantes no programa Tecnópole emprende comezan a formarse para elaborar o seu plan de negocio

Tres emprendedores e cinco empresas xa en marcha asisten a partir de mañá mércores, 9 de abril, ao programa de formación da iniciativa 'Tecnópole emprende’, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia para darlle soporte á creación e consolidación de empresas de perfil innovador.

Páxinas