Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

?Tecnópole colabora con Feuga na procura de novos talentos emprendedores para converter as súas ideas en empresas

Identificar a talentos precoces con capacidade para converter as súas ideas en proxectos empresariais con proxección real no mercado é o obxectivo da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga), que lanza, coa colaboración do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) o proxecto 'Talentos da Innovación e da Creatividade.

Tecnópole celebra unha sesión sobre patentes e a presentación do programa COPIT o vindeiro venres 16 de outubro

O vindeiro venres 16 de outubro, en horario de 9 a 14, Tecnópole celebra unha sesión sobre estratexias de protección de activos de propiedade industrial á que seguirá a presentación do Programa de Cooperación con Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT). A xornada está aberta a todos empresarios, técnicos de I+D, responsables de centros tecnolóxicos e xestores de propiedade industrial interesados en asistir.

Tecnópole sonda os intereses das súas empresas en Romanía, Bulgaria e Hungría para axudarlles a abrir mercado

Tecnópole está a traballar nunha sondaxe entre as súas empresas para coñecer os seus intereses nos mercados romanés, búlgaro e húngaro, co obxectivo de axudarlles a establecer contactos comerciais na Europa do Leste.

A empresa de Tecnópole Quobis Networks celebrará o seu primeiro 'webinar' o próximo 7 de outubro

A empresa TIC Quobis Networks, que ten o seu laboratorio técnico no Centro de Empresas e Innovación de Tecnópole, celebrará o seu primeiro 'webinar' (presentación tecnolóxica on-line) o próximo 7 de outubro. O encontro virtual tratará sobre a aplicación das tecnoloxías WiMAX Mobile a redes profesionais.

A Consellería de Economía e Industria apoia a posta en marcha en Tecnópole dunha factoría de I+D no sector das enerxías renovables

O director xeral de I+D+I da Xunta, Ricardo Capilla, presidiu esta mañá a inauguración das instalacións de Kinetika Innovacións Estruturais no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, situado no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

O equipo de Coasa gaña o ‘I Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole’

?A parella de xogadores da empresa Coasa formada por Ángel e Miguel fíxose co trunfo do ‘I Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole’, no que se enfrontaron 14 equipos formados por traballadores de empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia nas pistas do recinto.

Tecnópole tramitará as candidaturas das súas empresas e centros ao premio ‘Sello Innovación 2009’

O prazo para que as empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole opten ao ‘Sello Innovación 2009’ acaba de abrir o pasado luns 28 de setembro. Ata o 5 de outubro, a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), promotora da iniciativa, recibirá as candidaturas por mediación das entidades ás que representa.? ?

O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa primeira edición a vindeira semana

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a vindeira semana a primeira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

Páxinas