Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O programa de emprendemento de Tecnópole coa EOI pecha con doce plans de negocio e seis empresas constituídas

Os doce alumnos que aprobaron o programa de formación en creación e consolidación de empresas que Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia- promoveu xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI) durante todo o 2008 recolleron esta mañá os seus diplomas.

Tecnópole renova as súas Certificacións en Calidade e Medio Ambiente e promove un código de boas prácticas

As auditorías realizadas por Bureau Veritas durante o mes de xaneiro en Tecnópole concluíron coa renovación das certificacións que xa en 2007 a fixeron pioneira no ámbito dos parques empresariais en materia de calidade e medio ambiente: a Certificación de calidade UNE-EN ISO 9001:2000, a Certificación de medio ambiente UNE-EN ISO 14001:2004 e o recoñecemento de cumprimento do Regulamento EMAS.

As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia xa poden solicitar novas colaboracións coa Universidade de Vigo

Parque Tecnolóxico de Galicia terá aberto o prazo de solicitude de proxectos para desenvolver o marco da Cátedra Tecnópole ata o próximo 30 de marzo.

Investigadores dunha empresa de Tecnópole participan no proxecto sobre a artrose que conseguiu a Axuda Merck Serono

Investigadores da empresa de base tecnolóxica Trabeculae, que iniciou a súa actividade na Tecnópole en 2006, participan no proxecto que se fixo coa única Axuda Merck Serono de Investigación 2009 na categoría de Patoloxía Osteoarticular. O obxectivo deste traballo de I+D é a optimización do tratamento da enfermidade reumática máis extendida entre a poboación na actualidade: a artrose.
 

Os empresarios da Tecnópole aprenden a manexar as ferramentas da internet 2.0 e a súa aplicación aos negocios

Unha ducia de empresarios da Tecnópole participaron durante a mañá de hoxe nun obradoiro sobre habilidades na internet 2.0 a cargo do experto en novas tecnoloxías Genís Roca. A sesión volverá repetirse para atender a elevada demanda de prazas que quedou sen cubrir por causa do carácter práctico da formación, que esixe un número reducido de asistentes.

As caixas de aforros galegas entran no accionariado de Tecnópole cun 41,56% do capital

Caixanova e Caixa Galicia son desde hoxe accionistas do Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole-, en virtude do proceso de ampliación de capital polo que cada unha delas asume o 20,78% dos títulos da sociedade e que foi ratificado esta mañá pola Xunta de Accionistas da entidade.

Tecnópole e AIMEN divulgan as vantaxes da eficiencia enerxética entre os empresarios galegos

O Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole- e o Centro Tecnolóxico AIMEN organizan unha xornada divulgativa sobre a eficiencia enerxética na industria o vindeiro 27 de xaneiro en horario de tarde. As sesións, que terán lugar nas instalacións de Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, serán gratuítas e a inscrición estará aberta ata a véspera da xornada.

A Consellería de Innovación e Industria colaborará en materia de I+D+I e de parques tecnolóxicos coa rexión centro de Portugal

A Consellaría de Innovación e Industria colaborará en materia de ciencia e innovación cos principais axentes de I+D+i de Coimbra. Así o establece o protocolo asinado esta mañá por Salustiano Mato, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría, cos representantes da Universidade de Coimbra, do Parque de Innovación de Coimbra (iParque), do goberno municipal e da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Centro de Portugal.

Páxinas