Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Conexiona gana o reto de industria 4.0 lanzado por Finsa para xestionar mobiliario de forma intelixente

A tecnolóxica galega Conexiona vén de ganar o reto de industria 4.0 lanzado polo Grupo Finsa a principios de ano. A empresa, situada en Tecnópole, foi seleccionada por desenvolver a mellor solución para a necesidade do grupo madeireiro de contar cun sistema que lle permita xestionar de forma máis intelixente o seu mobiliario.

Akunatura organiza un curso sobre exercicios de intercomparación para a mellora da calidade dos laboratorios

A empresa Akunatura, instalada recentemente no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais do mes de xuño un curso sobre exercicios de intercomparación. A finalidade desta actividade formativa é actualizar os coñecementos dos responsables de laboratorios sobre unha ferramenta básica para ofrecer garantías de calidade aos seus clientes.

A área sanitaria de Ourense abrirá despois do verán unha convocatoria de ideas para o seu living lab que será dinamizada por Tecnópole

O laboratorio vivente ou living lab da área sanitaria de Ourense abrirá despois do verán un proceso de recollida de ideas susceptibles de ser incorporadas á práctica asistencial e comercializadas, segundo explicaron os responsables de innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) durante o último almorzo tecnolóxico. O director de Tecnópole, Ricardo Capilla, sinalou a vontade do parque de actuar como enlace das empresas co living lab e dinamizar esta convocatoria.

O CHUO presenta en Tecnópole as oportunidades dos living labs para as empresas galegas

O próximo 23 de maio as empresas galegas terán a oportunidade de entrar en contacto coas oportunidades de negocio que xera un contorno emerxente de innovación: os laboratorios viventes ou living labs. En concreto, poderán coñecer de primeira man, a través do seu xerente, as necesidades do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), entidade pioneira en Galicia neste ámbito e en proceso de integración nunha rede de living labs a nivel europeo.

O proxecto de recuperación da biodiversidade no rural gaña o primeiro premio da Galiciencia 2018

O proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural desenvolvido por oito estudantes lugueses é o gañador absoluto da Galiciencia 2018. A iniciativa “Rebinxe”, representada na maior feira científica de Galicia por Lidia Barreira e María Bouso, do IES San Rosendo de Mondoñedo, foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2019 (Barcelona).

O cambio climático, a innovación no rural e a mellora da calidade de vida protagonizan a Galiciencia 2018

Os investigadores precoces da Galiciencia responderon este ano á demanda de proxectos sobre a temática central do evento, o cambio climático, presentando un bo número de iniciativas coas que non só documentan os efectos deste fenómeno na súa contorna, senón que buscan concienciar aos cidadáns para palialo. Estes, xunto cos proxectos orientados a mellorar a calidade de vida das persoas e o seu acceso ás tecnoloxías, a innovación no rural e as fontes de enerxía alternativas, son algúns dos temas máis populares dos 77 proxectos que se expoñen desde hoxe ata o vindeiro venres no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense) durante a primeira edición da Galiciencia que se celebra en primavera.

Recursos forestais, arte feminino e xeolocalización no mar protagonizan os proxectos da Preincubadora da Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia acolleu esta mañá o acto de presentación dos proxectos seleccionados no Campus de Ourense na sétima edición dos premios Incuvi -Emprende e na terceira edición dos premios Incuvi -Avanza, convocados pola Universidade de Vigo e nos que Tecnópole colabora cedendo espazo no seu niño de empresas, durante un ano, aos tres proxectos gañadores na modalidade Incuvi -Emprende. No acto participou a directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidenta de Tecnópole, Patricia Argerey.

A Galiciencia celebra a súa primeira edición de primavera co cambio climático como protagonista

Esterilización de quirófanos para zonas de guerra, depósitos de móbiles para as escolas, unha banda de rock formada por robots e un sistema que alerta de condicións de risco extremo para previr incendios son só unha pequena mostra dos cerca de 80 proxectos que participarán a próxima semana na Galiciencia 2018.

Páxinas