Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnopole avanza na especialización en enerxías renovables coa instalación de novas empresas e progresos no CEER

O Consello de Administración da Tecnópole aprobou hoxe a implantación dunha nova empresa e a ampliación doutra relacionadas coas enerxías solar e eólica e foi informado dos avances nas instalacións do novo Centro de Experimentación en Enerxías Renovables (CEER).

Tecnópole colabora coa Universidade de Vigo no seu novo Máster de creación, dirección e innovación na empresa

O novo ‘Máster Creación, Dirección e Innovación na Empresa’ da Universidade de Vigo comezará a impartirse no curso 2008-2009 coa colaboración activa da Tecnópole.

As empresas da Tecnópole terán asesoramento gratuíto en materia de propiedade industrial

As empresas da Tecnópole contarán con asesoramento gratuíto para cuestións relacionadas coa propiedade industrial grazas ao convenio de colaboración asinado nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) polo director xeral de I+D+I da Consellaría de Innovación e conselleiro delegado do Parque, Salustiano Mato, e o director xeral da consultora Clarke, Modet e Compañía, Alejandro Klecker de Elizalde.

Un atril pasapáxinas e unha base múltiple para conexións eléctricas gañan a VI edición do Premio Galicia Innovación Junior

Un atril cun sistema “pasapáxinas” e unha base múltiple para conexións eléctricas son os inventos gañadores da VI Edición dos Premios Galicia Innovación Junior, que a Consellaría de Innovación e Industria entregou esta maná no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

Tecnópole recibe a visita dunha delegación polaca interesada na dinámica innovadora da entidade

Unha delegación formada por dez representantes da rexión polaca da Pomerania Occidental percorreu esta mañá as instalacións da Tecnópole para coñecer o modelo de xestión da entidade de innovación galega.

Innovación e Industria abre o curso de creación de empresas para emprendedores posto en marcha pola Tecnópole e a EOI

O director xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria, Salustiano Mato, foi o encargado de abrir hoxe na Tecnópole o curso de creación de empresas destinado a emprendedores impulsado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e impartido pola Escola de Negocios EOI, a primeira escola de dirección de empresas do Estado.

Os funcionarios do Concello de Ourense fórmanse na medición de ruídos cunha empresa da Tecnópole

Os funcionarios do Concello de Ourense, e en particular os axentes da Policía Local, recibirán formación a partir de mañá luns en medición de ruídos e elaboración de informes a cargo da empresa Sonen, Centro de acústica e servizos de telecomunicacións, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).

O LOMG lanza unha xornada sobre calidade nos procesos de medida

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (Lomg), na súa aspiración de ofertar un servizo integral á industria, deseñou unha xornada sobre calidade nos procesos de medida que se celebrará os días 24 de abril e 22 de maio, co obxectivo de proporcionar aos asistentes criterios e ferramentas que lles permitan determinar a idoneidade dos seus instrumentos de medida, saber que información debe ser solicitada a un provedor de servizos de calibración, interpretar os certificados de calibración e, coa información extr

Páxinas