Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Tecnópole Sport Center organiza un taller de hábitos saudables para comezar o ano con bo pé

Tecnópole Sport Center organiza o próximo mércores día 30 un taller de hábitos saudables para ofrecer ferramentas e técnicas a todos os que se propuxeron un cambio de estilo de vida como propósito de ano novo.
 
O taller, que terá lugar ás 19.15 horas, centrarase en pautas prácticas para sacar o máximo rendemento posible ao adestramento físico, a alimentación, o descanso e outros factores que inflúen no benestar e na saúde.

Os aspirantes a expoñer proxectos na Galiciencia 2019 teñen ata o 11 de marzo para presentar as súas ideas

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2019 desde hoxe ata o próximo 11 de marzo. A cita da maior feira científica de Galicia está fixada para os días 8, 9 e 10 de maio, coa saúde e os bos hábitos como temática central. Os proxectos relativos a este campo competirán polo premio da categoría especial do certame.

Agroamb representa a Galicia no grupo líder de traballo do sector agroalimentario da Rede Española do Pacto Mundial da ONU

A empresa Agroamb, con sede en Tecnópole, é a única integrante galega do grupo líder de traballo do sector agroalimentario da Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas (ONU), formado por grandes compañías, pemes e asociacións sectoriais.

Coinscrap alíase con EVO Banco para axudar aos seus clientes a aforrar mentres gastan

A fintech Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou un acordo con EVO Banco para ofrecer aos seus clientes un novo servizo que redondea as súas compras, cargos por recibos ou transferencias bancarias e converte a diferenza en aforro. O obxectivo de EVO Banco é incorporar á súa banca móbil unha hucha dixital amigable, eficaz e automatizada para que os seus clientes poidan alcanzar metas a curto ou longo prazo, desde a compra dun capricho até diñeiro para a xubilación.

O 6,5% das estudantes que participaron en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino cambian de opinión e deciden apostar polas STEM

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, na que Tecnópole participou activamente, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía para promover as vocacións STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.

Este grande evento bautizado como Talent Woman foi organizado por primeira vez en España, concretamente na cidade de Málaga, da man de FYCMA (Pazo de Feiras e Congresos de Málaga) e Talent Network, e conseguiu reunir máis de 6000 asistentes.

Tecnópole colabora coa Asociación Xuvenil Amencer de Ourense coa Operación Quilo antes do Nadal

Ata o próximo venres 21, na recepción do edificio CEI de Tecnópole, estará a disposición de todas as persoas que queiran colaborar un colector para depositar alimentos ou xoguetes, que posteriormente serán distribuídos pola Asociación Xuvenil Amencer de Ourense entre familias desfavorecidas.

Tecnópole colabora así un ano máis coa Operación Quilo que a asociación promove para que ningunha familia quede sen celebrar o Nadal nin ningún neno ou nena quede sen xoguetes.

Akunatura organiza un curso sobre a nova norma de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración

A empresa Akunatura, situada en Tecnópole, organiza un curso de 12 horas de duración os próximos 3 e 4 de decembro sobre a nova norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración.

A inscrición está aberta. As empresas instaladas no Parque Tecnolóxico de Galicia, onde terá lugar o curso, teñen un 10% de desconto sobre a tarifa establecida.

Os expertos destacan o papel revolucionario de blockchain no desenvolvemento dos negocios cara ao futuro

O blockchain está chamado a revolucionar o desenvolvemento dos negocios cara ao futuro, cun sistema baseado nas chamadas criptomoedas no que a dinámica financeira se transforma radicalmente. Esta foi a mensaxe principal trasladada polo avogado experto na materia Juan Carlos Rodríguez Maseda aos asistentes ao almorzo tecnolóxico celebrado esta mañá en Tecnópole.

Páxinas