Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Tecnópole e Egatel inician a fase de validación dunha innovadora plataforma de sistemas de telecontrol e xestión das zonas de rego agrícola

Tras tres anos de intenso traballo, o proxecto IoT@AS (Internet of Things & AgroSpaces), liderado por Egatel e xestionado co apoio de Tecnópole, inicia a fase de validación dunha innovadora plataforma aberta e intelixente para sistemas de telecontrol e xestión das zonas de rego agrícola, que resolve as problemáticas de interoperabilidade, eficiencia e conectividade dos sistemas existentes.
 

O deporte facilita o manexo da tensión e un ambiente laboral positivo

A práctica de exercicio físico supón beneficios para a vida persoal e profesional, como un mellor manexo da tensión e o reforzo de habilidades sociais necesarias para contribuír a un ambiente laboral positivo. Estas foron algunhas das ideas compartidas esta mañá por Iago Saco, graduado en ciencias da actividade física e o deporte e técnico deportivo no Tecnópole Sport Center, durante o primeiro almorzo tecnolóxico da tempada.

O proxecto "Baby safety" de Aulas Tecnópole segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais

O proxecto "Baby safety", desenvolvido nas Aulas Tecnópole por Iria Ollero, segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais. Tras ser recoñecido na Exporecerca catalá como o favorito entre os participantes, fíxose recentemente co primeiro premio nos Premios Don Bosco, en Zaragoza.

Ademais, Iria gañara tamén con este proxecto en 2018 o primeiro premio na feira Open Science de Cambre (A Coruña) na categoría de Bacharelato, o que lle permitiu levar o seu innovador dispositivo á ZienziaAtzoca, celebrada en Euskadi.

A nova tempada de almorzos tecnolóxicos comeza con recomendacións para unha vida persoal e profesional saudable

Tecnópole renova o seu calendario de almorzos tecnolóxicos con novas citas mensuais a partir do próximo 4 de abril. A primeira cita da tempada 2019 para tomar café con ideas novas en Tecnópole terá como tema central a actividade física como motor dunha vida persoal e profesional saudable.

O almorzo, que terá lugar este xoves a partir das 9.30 no Edificio CEI, está aberto a inscrición gratuíta.

O proxecto vencedor da Galiciencia 2018 gana o primeiro premio na maior feira científica de España

O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.

Abrobiotech presenta a súa terceira edición como unha canle para visibilizar as capacidades e o potencial dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa galegos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a aceleradora Agrobiotech é unha canle para visibilizar as capacidades e o potencial do sector agroalimentario, o biotecnolóxico e o da biomasa e transformalas en empresas e en emprego. Así o manifestou na presentación da terceira edición deste programa de impulso ao emprendemento que a Xunta desenvolve en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira.

Tecnópole e CHUO inician unha nova liña de colaboración para a formación de facultativos no Centro de Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas

Parque Tecnolóxico de Galicia e Hospital Universitario de Ourense (CHUO) inician unha nova liña de colaboración que permitirá desenvolver unha programación continuada de formación biomédica avanzada, con sede no Centro de Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas (Tecmeva) situado na Tecnópole.
 

APTE conecta as ofertas e demandas de colaboración entre empresas e entidades dos parques tecnolóxicos españois

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de poñer en marcha un servizo online de intercambio de ofertas e demandas de colaboración procedentes de empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e na súa contorna.

Páxinas