Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Xesol sela o seu maior contrato e aterra en Estados Unidos

Xesol Innovation, empresa galega con sede en Tecnópole, mete unha marcha máis na carreira cara ao coche intelixente. A compañía, que ten no seu horizonte a saída a Bolsa, acaba de selar o maior contrato da súa historia cun fabricante de vehículos eléctricos ao que lle subministrará a súa solución Xesol Drive.

TxStockData lanza unha app de peto dixital para facilitar o aforro

Tras o exitoso lanzamento da súa app Senseitrade, capaz de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais, os fundadores de TxStockData presentan a súa nova aplicación para móbiles, CoinScrap. O peto dixital deseñado pola empresa de Tecnópole permite acumular o aforro de pequenas cantidades cada vez que se realiza un pago con tarxeta de crédito.

A Universidade de CEAGA celebra en Tecnópole o seu programa de liderado de equipos Lean

A Universidade Corporativa do Cluster de Automoción de Galicia (UCC-CEAGA) imparte en Tecnópole unha nova edición do programa formativo “Team Leader Lean”. Este programa, iniciado o 30 de xaneiro e que se prolonga ata finais desta semana, pretende dotar os participantes das ferramentas e as habilidades necesarias para apoiar o despregue Lean nas súas empresas, mellorando o seu contorno e procesos de forma continua e reforzando o seu compromiso coa calidade e a seguridade.

Xinecólogos do CHUO fórmanse no Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Minimamente Invasivas de Tecnópole

Un grupo de nove especialistas en Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acudiu a Tecnópole hai uns días para formarse en técnicas avanzadas de cirurxía laparoscópica. A sesión tivo lugar no Centro de Investigación de Tecnoloxías Minimamente Invasivas (Tecmeva), especificamente dotado para a realización de cursos prácticos e interactivos.

A Preincubadora Tecnópole-Uvigo amosa as ventás de oportunidade que abre a alumnado e egresados

Ata o día 31 de xaneiro está aberto o prazo de presentación da sétima edición dos Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo, dos que sairán os ocupantes da Preincubadora de proxectos empresariais que impulsan Tecnópole e a Universidade de Vigo. Estes galardóns están destinados a fomentar o espírito emprendedor entre alumnado e persoas egresadas. Para dar a coñecer as características desta iniciativa, que beneficiará a catro proxectos do campus de Ourense, celebrouse unha sesión informativa no edificio Politécnico.

A Galiciencia 2018 abre o prazo de presentación de proxectos ata o 28 de febreiro para a súa primeira edición de primavera

Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2018 dende hoxe ata o próximo 28 de febreiro. Tal e como se anunciara durante a edición anterior, logo de doce anos celebrándose no outono, o evento terá lugar a partir de agora na primavera, seguindo a tendencia deste tipo de certames e para unha mellor adaptación ao calendario escolar. A seguinte cita da maior feira científica de Galicia está fixada para os días 9, 10 e 11 de maio, co cambio climático como temática central.

O estudo sobre a calidade da pisada dos adolescentes galegos dunha alumna das Aulas Tecnópole triunfa en Jóvenes Investigadores

“¿E ti, como pisas?” é o título do estudo co que Iria Ollero, alumna das Aulas Tecnópole e estudante de 2º de Bacharelato no IES As Lagoas (Ourense), levou o segundo premio do certame estatal Jóvenes Investigadores, celebrado hai uns días en Málaga. Este traballo fora xa recoñecido co primeiro premio na categoría Biomedicina e Saúde do evento Ciencia en Acción 2017, celebrado o pasado mes de outubro en Euskadi.

Tecnópole presta soporte ás pemes galegas para concertar reunións bilaterais no Mobile World Congress

As pemes galegas interesadas en manter encontros bilaterais con outras empresas ou entidades no marco do Mobile World Congress poderán contar co soporte de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, que dinamiza a participación galega no evento na súa condición de membro da rede Galactea Plus, o nodo español da Enterprise Europe Network.

Páxinas