O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- pon en marcha o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia poñen en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19, poderán participar ata 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.
TECMEVA -Tecnoloxías Médicas de Vangarda- é o Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas do Parque Tecnolóxico de Galicia. No inicio da crise sanitaria provocada polo covid-19, o centro cedeu varios equipos médicos do seu Quirófano Avanzado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que o hospital empregou para atender os pacientes ingresados na uci afectados polo virus.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de poñer en marcha unha campaña baixo o lema “Fagamos entre todos Tecnópole virus-free”, que busca lograr un parque libre de coronavirus e adaptado á nova normalidade.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de publicar en galego a guía Que quero ser de maior?. Forma parte do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino” desenvolto pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrada Tecnópole.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- vai impulsar o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade que estamos a vivir.
Xesol Innovation é unha empresa tecnolóxica galega. Dedícase ao desenvolvemento de software e produtos de mobilidade intelixente, destinados a previr e reducir a sinistralidade na estrada. Así mesmo, busca potenciar a eficiencia e a mobilidade de calidade cun compromiso ambiental sustentable, utilizando para iso a tecnoloxía máis innovadora. Está situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- e posúe ademais oficinas en Vigo e en Madrid.
Un proxecto de dous alumnos de Bacharelato Internacional do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, centrado na loita biolóxica contra a avespa velutina, vén de gañar o primeiro premio en Exporecerca, a feira científica para xoves investigadores máis importante de España, onde tamén conseguiron o “Premio Jóvenes Investigadores” e o “Mejor Trabajo en Biología”. Trátase de Nuno Sinde e Pedro Fernández.