Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Máis de 150 de escolares aprenden na Tecnópole que as profesións científico-tecnolóxicas son para todas e todos

Máis de 150 escolares pasarán ao longo deste mes polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para participar nas tres xornadas de impulso das vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Hoxe tivo lugar a primeira delas, que reuniu a medio cento de estudantes do Colexio Maristas de Ourense. Logo do éxito acadado coas dúas xornadas celebradas en 2018, Tecnópole amplía así a súa participación na iniciativa “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”, promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e na que participan 17 parques de toda España.

Tecnópole amplía a tres xornadas o seu programa para impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas

Máis de 150 escolares de Ourense participarán a partir desta semana en tres xornadas organizadas por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas.

Origo Biopharma desenvolve en Tecnópole un fármaco contra o cancro de colon

A empresa galega Origo Biopharma, con sede en Tecnópole, ampliou capital para fortalecer a súa estrutura accionarial e gañar músculo financeiro para afrontar con garantías os traballos de investigación para o desenvolvemento en Galicia de varios fármacos de acción local contra o cancro colorrectal e a fibrose asociada á enfermidade de Crohn.

Esta compañía, fundada en 2017, é froito dos avances da biotecnolóxica galega GalChimia, con sede no Piñeiro (A Coruña), no proxecto IO4COLON, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta.

Conde destaca o apoio da Xunta a 330 novos proxectos en 53 países para que as empresas galegas avancen en internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante a xornada México-Galicia: Visións compartidas, organizada por Roberto Verino no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, que a Xunta acaba de conceder axudas por máis de 7,5 millóns de euros a 330 novos proxectos de internacionalización empresarial en 53 países distintos a través do programa Galicia Exporta Empresas.

Tecnópole acolle o 23 de setembro unha xornada sobre oportunidades de negocio Galicia-México

Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 23 de setembro unha xornada titulada “Galicia-México/México-Galicia. Visións compartidas”, na que se explorarán as oportunidades comerciais, de negocio e de investimento entre ambos os territorios.

Antes da mesa redonda, presidida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, terá lugar a presentación realizada por Raúl Beyruti, presidente do grupo Gin Group. Esta compañía, líder en Latinoamérica en administración integral de capital humano, acaba de abrir unha filial en España.

Aberta ata o 30 de setembro a matrícula para Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir a través da súa web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os seus cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para mozos de entre 8 e 18 anos. As prazas son limitadas e a matrícula, aberta ata o 30 de setembro, farase efectiva por orde de formalización. As clases teñen lugar unha tarde á semana entre outubro e maio.
 

Excelia convértese en partner de Dixtior en España

Excelia, empresa tecnolóxica con sede en Tecnópole, e Dixtior, referente na vinculación de solucións tecnolóxicas ao ámbito financeiro, anunciaron o seu acordo de partnership.

As solucións de Dixtior céntranse nas áreas de governance, risk management e compliance, contribuíndo a unha xestión empresarial integrada a través de tecnoloxías innovadoras de última xeración.

Xesol Innovación posiciónase entre as finalistas do certame internacional South Summit

Xa se coñecen as cen iniciativas finalistas da competición de South Summit 2019, entre as que figura a empresa Xesol Innovación, con sede en Tecnópole. O centenar de proxectos destacados foi elixido entre os máis de 3700 que se presentaron a esta edición, procedentes de países como Estados Unidos, Colombia, Israel, India ou Reino Unido.

Páxinas