Un traballador de Coasa e dúas empregadas do CIS-Madeira gañan o III Concurso ‘Tecnoambiental’

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Ricardo Escolano, traballador da empresa Coasa, é o gañador do III Concurso ‘Tecnoambiental’ na categoría de fotografía. A sección de vídeo, inaugurada este ano, tivo como vencedoras a Montserrat Rodríguez e Azahara Soilán, do CIS-Madeira. O concurso foi organizado por Tecnópole con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
 
A fotografía, titulada ‘Tormenta eólica’, é unha imaxe en branco e negro que sobresae polo seu impacto visual e os contrastes de luz. Pola súa banda, o vídeo destacou pola súa orixinalidade e a súa capacidade para transmitir mensaxes positivas a favor do respecto ao medio ambiente.
 
Esta terceira edición do certame fotográfico, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole, saldouse coa presentación de 29 traballos. Todas as fotografías están visibles nun álbum específico na galería de fotos da Tecnópole en Flickr. O vídeo gañador está dispoñible aquí.
 
Partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, requiríase que as fotografías tivesen como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estivese localizado dentro do recinto da Tecnópole.
 
Os gañadores recibirán un vale de 100 euros por cada traballo seleccionado para a adquisición de accesorios fotográficos.