Tecnópole Sport Center abre as súas portas con horario ininterrompido de 7 a 22 horas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole conta desde hoxe con centro deportivo, a disposición dos traballadores do recinto e tamén de usuarios externos en horario ininterrompido de 7 a 22 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados. Dende agora, pódese concertar unha cita para coñecer as instalacións e obter unha tarifa á medida dos intereses de cada usuario.

O centro ofrece actividades dirixidas e tamén poderán reservarse sesións de adestramento funcional, persoal e ao aire libre. As instalacións constan dunha sala fitness, tres salas máis para actividades dirixidas, unha zona de adestramento outdoor, cabinas de fisioterapia e estética, servizo de nutrición, cafetería e un espazo de animación para nenos.

"Os nosos sinais de identidade son a vida saudable, a atención individualizada e a comodidade. Queremos ser referencia no adestramento funcional e personalizado e para iso contamos cos mellores profesionais na rama da saúde", explica Antonio Blanco, promotor do centro e de Ablanal, a empresa de serigrafía coa que o centro deportivo compartirá edificio.

Os usuarios que realicen o seu abono para outubro terán acceso gratuíto durante o que queda do mes de setembro. Tamén haberá descontos para colectivos de empresa e familiares. Os emprendedores das incubadoras de empresas de Tecnópole terán consideración de colectivo para poder acollerse ás condicións máis vantaxosas.

Máis información en info@tecnopolesportcenter.com.